Skip to Content

Clausurada con éxito a XXIX Feria da Ciencia

GALERÍA DE FOTOS

Numeroso público se achegou os días 13 e 14 de xuño ó IES de Ribadeo Dionisio Gamallo onde se celebrou a XXIX Feira da Ciencia. Os traballos presentados recibiron numerosos parabéns dos visitantes que tamén quedaban sorprendidos coa beleza do cartel anunciador, obra da alumna Claudia Loureiro.
Houbo máis de trinta proxectos para tódolos gustos. O alumnado de menor idade presentou traballos de gran orixinalidade coma o “Tren magnético” feito cunha pila e uns imáns, os “Alfinetes levitantes” para observar o campo magnético ou as Moedas bailarinas” que xiraban mediante magnetismo inducido. Ademáis, con simples paus de xeado construiron mesas flotantes, figuras de tensegridade caseiras e tamén un elevador hidráulico.  E con cartón crearon una man robótica e unhas gafas de realidade virtual coas que invitaban ó público a dar unha volta en montaña rusa. Tamén obtiveron fermosos cristais por precipitación de bórax e mesmo plásticos a partir de maicena insistindo na importancia de distinguir os tipos de bioplásticos xa que se son biobasados debemos depositalos no contedor amarelo pero se son compostables debemos tiralos no contedor  da materia orgánica.
O alumnado de 3º ESO centrou os seus esforzos en explicar fisioloxía humana mediante maquetas elaboradas por eles mesmos para explicar o “Proceso respiratorio”, a patoloxía do “Pneumotórax”, “O ril e a nefrona”, “A dixestión” e a “Circulación sanguínea”. Ademáis, para axudar a fomentar hábitos saudables, tamén expuxeron traballos como “O prato de Harvard” para inculcar a dieta equilibrada, “Nutriscore” para saber o que comemos, “Bebidas azucradas” para evitar abusar das mesmas ou “Nin vapers nin tabaco” para concienciar de que vapear entraña tanto risco coma fumar e disuadir aos compañeros de ámbalas prácticas.
Tamén foi momento de difundir traballos con recoñecementos especiais. Foi o caso de “Cuida el medio ambiente” gañador do II Concurso Escolar Ecoeduca, de alumnado de 2º ESO, os proxectos “Despertador lumínico” favorable á saúde e “O bastón con entonación” para invidentes, presentados nas Olimpiadas de Telecomunicacións en Vigo por alumnado do Club de Ciencia e  “Saitis barbipes” a araña saltarina encontrada durante o I Bioblitz ribadense realizado por alumnado de bacharelato.  
Para rematar, un non podía marchar sen que lle contaran algo sobre a pioneira Aurora Sampedro que estamos empezando a descubrir ou do esquecido doutor ribadense Antonio Rodríguez Darriba ó cal o alumnado de bacharelato honrou explicando os grupos sanguíneos cunha orixinal maqueta e facendo a determinación dos mesmos coma auténticos profesionais.
Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado que coordinado pola profesora de bioloxía Susi Besteiro fixo posible xunto con tódolos visitantes a XXIX Feira da Ciencia.



page | by Dr. Radut