O venres, día 16 de maio, o alumnado de 3º de ESO participou na edición da Mariña do Correlingua, que este ano tivo lugar en Foz.
Previamente, visitamos a basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde fixemos unha visita guiada, por xentileza de persoal do Concello de Foz.
Despois, desprazámonos ata a praia de Llas, e desde alí percorremos as rúas de Foz, co resto dos centros da Mariña, ata o porto, onde tivo lugar o acto central desta xornada reivindicativa, con diversos actos poético-musicais.
A actividade organizouna o Equipo de dinamización lingüística e o alumnado estivo acompañado polos profesores Dores Fernández Abel, Tomás Sanjurjo e Suso Fernández Acevedo.