Skip to Content

1ª XUNTANZA CLUB LECTURA RibaLEO

O luns 6 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza deste curso  do clube de lectura RibaLEO.  Tomando como base dous puntos de partida, que son a perspectiva de xénero e o uso da lingua galega, a novela escollida foi A trenza, da novelista francesa. Laetitia Colombani. A narración das vidas paralelas de tres mulleres de orixes e condicións diversas deu pé para tratar e debater as múltiples problemáticas da condición feminina. As vidas aparentemente inconexas destas mulleres están unidas por un fío invisible, que se desvela ao final da historia como unha fermosa metáfora da sororidade. 

No grupo ten cabida calquera persoa que forme parte da comunidade educativa do centro. Agardámosvos!  

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut