Skip to Content

CONCURSO DE LECTURA

 A biblioteca convoca un concurso de lectura coas seguintes bases:

1. O concurso está destinado ao alumnado de 1º de ESO.

2. O libro de lectura proposto é Usha, de María Reimóndez. [A través do préstamo interbibliotecario a biblioteca dispón de 21 exemplares. Tamén se pode acceder a el en formato dixital nas plataformas Galicia Le e Elbe 2]

3. O alumnado que lea o libro debe resolver o día do concurso un cuestionario ao que accederá dende dende o seu ordenador de Edixgal.

4. Resultará gañadora a persoa que conteste acertadamente o máximo número de preguntas no mínimo tempo posible. En caso de empate, procederase por sorteo.

5. Ademais da persoa gañadora, que recibirá un premio, cada participante levará un agasallo.

6. Día e hora de celebración: por determinar.

7. Lugar: biblioteca

 

 



page | by Dr. Radut