Coma cada 23 de abril, hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO. Con perdón de Shakespeare e de Cervantes, desta vez nós queremos conmemoralo cunha curiosidade bibliográfica:
Cal é o libro máis antigo que temos no instituto?
Polo de pronto, o máis antigo que atopamos é un exemplar de 1930: unha 1ª edición do Tratado elemental de agricultura de Daniel Nagore Nagore.