O luns 24 de abril celebramos no instituto o Día do Libro a partir dunha inciativa ideada pola profesora do Dto de Lingua Castelá Rosa Fernández Paz. Tomando como base o fío condutor da saúde mental, fixo unha escolma de escritoras e escritores dos que se caracterizou o alumnado de 2º ESO-B, 3º ESO- B e C e 4º de ESO. Os grupos percorreron as aulas do instituto e cada alumna e alumno, seguindo un guión que trazaba a traxectoria literaria e vital do personaxe ao que representaba, lía unha breve reflexión ou fragmento da súa obra.