Publicación da convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).
Para obter bolsa nos ensinos de Bacharelato, establécense os seguintes requisitos:
- Para obter bolsa os/as solicitantes deberán matricularse no curso 2024-2025 do curso completo.
- O alumnado de primeiro curso de bacharelato deberá acreditar non estar repetindo curso e obter unha nota media de 5,00 puntos no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
- O alumnado de segundo de bacharelato deberá acreditar a superación de todas as materias do curso anterior, con excepción dunha.
- Non se concederá bolsa a quen repita curso total ou parcialmente.
- Só poderá obterse bolsa durante o número de anos que dure o plan de estudos.
A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es
Unha vez cuberta a solicitude, deberá ser asinada pola/o interesada/o ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de sinatura electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido.
O prazo para presentar a solicitude tanto dos estudantes universitarios como non universitarios estenderase desde o día 19 de marzo de 2024 ata o 10 de maio de 2024, ás 24,00 horas peninsular, ambos inclusive.
Máis información neste ENLACE
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOCUMENTO INFORMATIVO BECAS 24-25-1.pdf | 43.7 KB |