O 6 de marzo a poeta Olga Novo visitounos para falarmos do seu poemario Feliz Idade, que recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Poesía o ano 2020. A actividade forma parte doproxecto "Nomeámolas. Existimos!” do Comité Lila, que neste 2023 nomea a Olga Novo, para visibilizala co motivo do 8M. Previamente ao encontro as rapazas e rapaces de ESO e bacharelato traballaron cos poemas do libro: por unha banda ilustraron algún dos poemas nas clases de Debuxo e por outra traducíronos ao portugués, inglés e francés coordinados polo profesorado que imparte as distintas linguas e literaturas do centro. O resultado foi un fermoso caderno que dá conta do traballo realizado. Ademais, o alumnado de EE protagonizou un emotivo video trasladando poemas da autora á linguaxe de signos.
Xa no salón de actos proxectouse o video, recitáronse os poemas traducidos e tivo lugar un coloquio co alumnado de bacharelato que traballou previamente nas aulas de Literatura cos poemas de Olga. O alumnado participante no debate foi agasallado cunha bolsa conmemorativa do encontro. Parlelamente, no tendedeiro da biblioteca e no taboleiro do Comité Lila espúxose unha selección de versos da autora. Organizou a actividade a profesora Teresa González, coordinadora do EDL e da Comisión de Igualdade. Colaboraron a Biblioteca e o concello de Ribadeo.
Algunhas fotos do acto:
7
Video do alumnado e profesorado de EE:
Imaxes do caderniño:
Bolsa conmemorativa:
Exposición de versos: