O alumnado da materia Literatura Galega e Sociedade, coordinado polo profesor Suso Fernández Acevedo, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro do equipo da Biblioteca, recibiu o II Premio Otero Pedrayo, na categoría de estudantes de ESO e BAC, modalidade de grupos, por este video documental que informa basicamente de tres aspectos que relacionan a Otero Pedrayo con esta zona: as publicacións de Otero Pedrayo no xornal "El Aldeano" de Castropol, a correspondencia de Otero Pedrayo a Dionisio Gamallo Fierros que se conserva no arquivo familiar, e unha serie de artigos de Gamallo Fierros sobre Otero Pedrayo co gallo sa súa xubilación da Universidade de Santiago. Trátase de contido pouco coñecido, no caso das colaboracións na prensa, e inédito no caso do epistolario de Otero a Gamallo.
Na comunicación da decisión nas redes sociais, a Fundación Otero Pedrayo comenta o seguinte:
“O premio ao mellor traballo en grupo recaeu no IES Dionisio Gamallo Fierros polo seu traballo sobre Otero Pedrayo e Dionisio Gamallo Fierros. Presentaron un vídeo documental no que aportan e comentan material autógrafo e bibliográfico moi pouco coñecido ata o de agora e que deixou ao xurado totalmente abraiado”.
Noraboa aos premiados!
https://www.youtube.com/watch?v=2CV8E1aFrUo