Skip to Content

Obradoiro sobre ESTEREOTIPOS con INGALICIA e COGAMI

Este mércores 15 de febrerio, a Asociación INGALICIA presentou o proxecto EUqualizer ao alumnado de 1º de bacharelato do IES Ribadeo Dionisio Gamallo. Este proxecto está cofinanciado polo programa ERASMUS+, e ten como obxectivo favorecer e fomentar o espírito da integración entre os xoves, e une o traballo de alumnado e profesorado de Italia, Finlandia, Turquía e Malta, na tarefa de dar a coñecer e atallar o problema dos estereotipos.

   

Na primeira parte desta xornada, o traballo versou sobre os conceptos teóricos que habitan permanentemente na sociedade, e as distintas realidades que deben vivir persoas que sofren a desigualdade de xénero, a discapacidade, o racismo ou a situación de desigualdade da comunidade LGTBQI+. Actividades e exercicios teóricos que dinamizaron unha experiencia transversal que temos a obriga como cidadáns de compartir e repetir ata lograr a sociedade que queremos. 

Na segunda parte, as traballadoras de COGAMI Lara Santos Loureiro e Ana Martínez Neira presentaron ao alumnado as liñas de actuación da Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense, e expuxeron os distintos tipos de deficiencias e as restricións e limitacións que conlevan; explicaron tamén os distintos tipos de discapacidades e fixeron énfase na necesidade dunha plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e dunha prestación de servizos que poida satisfacer as necesidades e expectativas dos integrantes de todos os colectivos.

Cronica3.com (15 feb 23)

Amarinaxa.com (16 feb 23)

TWITER @cosmopolitas1 (15 feb 23)

Instagram EUqualizer (23 feb 23)

Unha dobre lección cunha perspectiva única: a busca do futuro da sociedade en base a unha igualdade pola que debemos loitar en cada etapa das nosas vidas e con cada paso que deamos no lugar que nos toque vivir. Unha lección que debe ser asimilada e demostrada cada día coas nosas accións, coas nosas palabras e cos nosos actos.

      

Tamén trouxeron unha nova proposta de traballo que podedes consultar neste enlace (YOUTH AMBASSADORS) antes do mércores 1 de marzo.



blog | by Dr. Radut