Skip to Content

Visita ó Museo de Lugo (14-3-14)

O alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo que tivo dúas fases: a primeira tivo lugar previamente e consistiu na lectura dos catro relatos de "Contos de medo no museo"; a segunda tivo lugar hoxe no propio museo e consistiu na resposta dun cuestionario sobre os relatos. Para iso, organizáronse catro equipos que tiveron que desprazarse polas distintas salas do edificio, seguindo pistas, para dar coas respostas. O equipo gañador recibiu un bolígrafo do museo como agasallo.

Como eramos un grupo numeroso, organizamos dúas quendas. Mentres uns estaban no museo, os outros demos un paseo pola muralla.

Despois desprazámonos ata As Termas, onde houbo tempo libre para xantar e ir de tendas. Foi, en resume, unha xornada na que aprendemos e desfrutamos. 

A actividade organizárona o departamento de galego e o Equipo de dinamización lingüísticaMª José, Teresa, Maricarmen, Manoli e Suso, que foron os acompañantes, quedaron moi contentos co bo comportamento do alumnado.    MÁIS FOTOS




page | by Dr. Radut