As malas mulleres, Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022 outorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra As malas mulleres. Deste xeito, a lingua galega gaña este premio estatal por segundo ano consecutivo tras Xesús Fraga, vencedor del año pasado con Virtudes (e misterios) e convértese na lingua máis premiada tralo castelán con outros tres gañadores: Manuel Rivas, Suso de Toro e Alfredo Conde. As malas mulleres é unha singular novela histórica sobre al situación carceraria das mulleres no século XIX e contribúe a visibilizar a situación deste grupo de mulleres marxinadas e esquecidas que estiveron na desmemoria.
A culpa, María Solar
Incorporamos á nosa sección de narrativa en galego esta obra coa que María Solar acaba de recibir o XXXIX Premio Xerais de Novela 2022. Segundo explica a nota editorial, “é un xogo de espellos que comeza cunha clara manifestación de empoderamento persoal e feminino para irse convertendo nunha submisión tóxica e agoniante”
Lingua, poder e adolescencia, Miguel Rodríguez Carnota
O idioma galego esmorece entre a mocidade e este libro quere contribuír a desvelar as causas deste declive. O punto de partida é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e repaces galegofalantes no medio lingüísticamente hostil dunha vila e dun instituto do noso país.
Que me pare o corazón se te esquezo, Andrea Maceiras
A ladroa da biblioteca de Meirás, Eva Mejuto
Incorporamos estes dous títulos á nosa sección xuvenil. A ladroa da biblioteca de Meirás, recentemente pubicado, é unha das últimas incursións da autora na narrativa xuvenil. Que me pare o corazón se te esquezo foi merecedora do premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2021 que convoca a Deputación da Coruña e aborda, a través das súas protagonistas adolescentes, o tema das redes sociais, en especial, os videoblogs, dun xeito duro mais non moralizante.
Fotografía matemática
Trátase da recompilación dunha serie de traballos elaborados polo alumnado do IES Enrique Muruais da Pontenova dende o ano 2010 ata o 2020 e presentados a sucesivas edicións de Certames de Fotografía Matemática organizados polo centro. O resultado deste compendio é un álbum de fotos onde podemos descubrir multitude de formas xeométricas tanto na arquitectura, como na natureza ou en elementos e obxectos da nosa vida cotiá.
Filósofas o barbarie
Neste libro Guillermo Gallardo e Luis Míguez fan un percorrido pola historia das filósofas e da filosofía baixo o suposto de que sen filosofía e sen feminismo, máis que calquera outros movementos emancipatorios polo coñecemento, a igualdade e a liberdade, non pode haber sociedade, só salvaxismo.
Unha etapa estelar e conflitiva de Galicia, Francisco Rodríquez
Francisco Rodríguez estuda neste libro a situación do reino de Galicia na segunda metade do s. XIV, á que considera unha etapa estelar e conflitiva da nosa historia cuxo desenlace tivo unha importante transcendencia para o país.
Ribadenses destacados
Coordinada por Francisco Díaz-Fierros e presentada este 25 de novembro en Ribadeo, pasa a formar parte da nosa sección Local esta escolma de biografías de ribadenses ilustres dos distintos ámbitos do saber: artes plásticas, música, escritura, xornalismo, ensino, ámbito científico e técnico, política, lexislación, xustiza e empresa.