Skip to Content

FORMACIÓN DE NOVO USUARIADO DA BIBLIOTECA

Entre o 21 de outubro e o 15 de novembro de 2022 tiveron lugar as Xornadas de Formación de Novo Usuariado da Biblioteca. O obxectivo desta actividade é familiarizar ao alumnado de 1º de ESO coa organización e funcionamento da biblioteca e permitirlle desenvolverse nela con facilidade á hora de buscar información ou xestionar o préstamo dun libro. As xornadas desenvolvéronse en 4 sesións en cada grupo, tres na aula na hora de titoría dirixidos polas titoras e unha sesión na biblioteca dirixida pola coordinadora onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos. Agradecemos, coma sempre,  a colaboración e boa disposicion das titoras para levar a cabo o proxecto.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut