A editorial Xerais obsequiounos con dous novos títulos, a novela xuvenil de Ignacio Portabales Sangue no dron, un relato distópico de aventuras e a novela de Pemón Bouzas Cando os lobos escoitaban a radio, historia de fuxidos durante a posquerra nas montañas de Lugo e Ourense.
Por outra banda, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro cedeunos un exemplar do libro Mar gremial, de Vicente Míguez Salgueiro.
Para rematar, a asociación cultural A Concordia regalou á biblioteca un catálogo con ilustracións de Amando Suárez Couto, algunhas das cales poden verse na exposición permanente que temos no IES de Ribadeo para difundir a obra de tan ilustre ribadense.