O 23-9-22 asistimos na Casa do Viejo Pancho en Ribadeo á presentación do libro de Lois Pérez A gruta da torre, premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade 2021. Presentou o acto a concelleira de cultura Pilar Otero Cabarcos e acompañaron ao escritor coas súas intervencións o director editorial de Xerais, Fran Alonso e Manuel Bragado, exdirector e actual asesor da entidade. A novela narra unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.
Lois Pérez, cuxo libro será lido polo alumnado de 2º de ESO, adicounos cariñosamente un exemplar para a biblioteca.
Podedes ver aquí o acto de presentacion:
https://www.youtube.com/watch?v=ZmgYIXIkFog