O venres, día 21 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a presentación de As pegadas da prehistoria en Ribadeo, un caderno-guía sobre este tema elaborado por Emilio Piñeiroa, exprofesor deste instituto recentemente xubilado. Asistiu o alumnado de 2º de ESO, a quen lles impartía clase aínda o curso pasado. O traballo editouse grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo. MÁIS FOTOS