O alumnado de Lingua Castelá do noso instituto de 1º e 3º de ESO e 1º de BAC quixo conmemorar o Día do Libro cunha escenificación na que se caracterizou das escritoras máis descoñecidas das nosas letras, aquelas que ficaron esquecidas e/ou silenciadas polo feito de ser mulleres e deu lectura a textos biográficos ou fragmentos das súas obras. O título escollido, Dende Exeria ata Almudena, é un percorrido por tódalas etapas da literatura ata os nosos días. Preténdese visibilizar o labor e a valía de tantas e tantas mulleres agochadas detrás dos homes.
A representación, organizada Rosa Paz, do departamento de Lingua Castelá, tivo lugar no salón de actos o luns 25 de abril. A Biblioteca colaborou na selección de libros escollidos para formar parte do atrezzo ou buscar información.