Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo recibimos un lote composto por un exemplar de “A relevancia do reino galego medieval. Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. Tomo I.” de Francisco Rodríguez e outro de “Meirás. Un pazo, un caudillo, un expolio.” de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. O obxectivo é contribuír ao aumento dos fondos bibliotecarios, da oferta de lectura e da información dispoñible ao servizo do alumnado e do corpo docente dos diferentes institutos da provincia.