Skip to Content

Dinamización lingüística

Algúns números nas nosas letras

Outubro, 14

O mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, que este ano se celebra baixo o lema "Bibliotecas escolares... matemátic!!!".

Desde o equipo de biblioteca, o equipo de dinamización lingüística e o departamento de lingua galega e literatura queremos unirnos á festa con esta escolma de textos.

Algúns números nas nosas letras

Concurso "San Martiño de Mondoñedo"

Giselle Pérez , Patricia Gil e Cristina Vizoso, de 3º de ESO A, foron as gañadoras do concurso sobre San Martiño de Mondoñedo (Foz), que organizamos co gallo da visita a esta basílica o día do Correlingua.

Como premio, recibiron un diploma e unha consumición na nosa cafetería.

Noraboa!


Premios "Letras galegas", 2014

Maio de 2014

Dúas alumnas e un alumno do noso centro recibiron premios no Certame das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Pública Municipal "El Viejo Pancho":

  • Carla Díaz Leiras: 1º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Pablo Vivero Fernández: 3º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Sara Canto González: 3º premio no certame de narración (categoría C).

Estes son os traballos premiados:

Carla Díaz:


 Pablo Vivero Fernández:


 Sara Canto González:

 

Correlingua, 2014

O venres, día 16 de maio, o alumnado de 3º de ESO participou na edición da Mariña do Correlingua, que este ano tivo lugar en Foz. 

Previamente, visitamos a basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde fixemos unha visita guiada, por xentileza de persoal do Concello de Foz.

Despois, desprazámonos ata a praia de Llas, e desde alí percorremos as rúas de Foz, co resto dos centros da Mariña, ata o porto, onde tivo lugar o acto central desta xornada reivindicativa, con diversos actos poético-musicais.

A actividade organizouna o Equipo de dinamización lingüística e o alumnado estivo acompañado polos profesores Dores Fernández Abel, Tomás Sanjurjo e Suso Fernández Acevedo. 

MÁIS IMAXES

En San Martiño de Mondoñedo (Foz)

 

"A miña lingua quero na túa boca"

A partir deste verso de Igor Lugrís, o departamento de Debuxo e o Equipo de Dinamización Lingüística prepararon esta actividade. Cada persoa (alumnado, profesorado, ...) escolleu unha palabra ou expresión galega e púxoa, a xeito de metáfora, na súa boca, para que a fotógrafa inmortalizase o momento.

Con todas as imaxes formouse un mural que nos di que o galego debe estar sempre nas nosas bocas, na nosa vida.

MÁIS IMAXES

EXPOSICIÓN: "Xosé María Díaz Castro no arquivo de Dionisio Gamallo Fierros"

 

Desde o 10 ata o 19 de maio pódese ver no noso centro a exposición "Xosé María Díaz Castro no arquivo de Dionisio Gamallo Fierros".

A mostra inclúe ducias de poemas manuscritos ou mecanoscritos, oito cartas de Díaz Castro a Dionisio Gamallo e outros documentos cedidos para a ocasión pola familia Gamallo.

Debido á abundante cantidade de textos, unha selección dos mesmos está exposta en paneis e a totalidade pode consultarse no mesmo lugar da exposición, fotocopiada e encanutillada, para que quen o desexe poida deterse na lectura dun xeito máis cómodo.

 

 

 

Viaxe cultural a Porto

Entre os días 17 e 20 de abril, o alumnado de Portugués participou nunha viaxe cultural a Porto, organizada por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua portuguesa no centro. O alumnado estivo acompañado por Chus Colmenero, profesora de Debuxo, e por Manel Yáñez, do departamento de Filosofía. Agradécese especialmente o labor deste profesor, que se involucrou na viaxe en tempo récord (cando practicamente xa estaban para subir ó autobús) por ter Dores un imprevisto de última hora que lle impediu participar na actividade. MÁIS FOTOS

 

 

Visita ó Museo de Lugo (14-3-14)

O alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo que tivo dúas fases: a primeira tivo lugar previamente e consistiu na lectura dos catro relatos de "Contos de medo no museo"; a segunda tivo lugar hoxe no propio museo e consistiu na resposta dun cuestionario sobre os relatos. Para iso, organizáronse catro equipos que tiveron que desprazarse polas distintas salas do edificio, seguindo pistas, para dar coas respostas. O equipo gañador recibiu un bolígrafo do museo como agasallo.

Como eramos un grupo numeroso, organizamos dúas quendas. Mentres uns estaban no museo, os outros demos un paseo pola muralla.

Despois desprazámonos ata As Termas, onde houbo tempo libre para xantar e ir de tendas. Foi, en resume, unha xornada na que aprendemos e desfrutamos. 

A actividade organizárona o departamento de galego e o Equipo de dinamización lingüísticaMª José, Teresa, Maricarmen, Manoli e Suso, que foron os acompañantes, quedaron moi contentos co bo comportamento do alumnado.    MÁIS FOTOS


Unha historia rosaliana

Febreiro, 14

O 24 de febreiro cumpríronse 177 anos do nacemento de Rosalía de Castro, motivo polo cal se realizaron diversos actos tanto en Galicia coma no estranxeiro. Nós tampouco quixemos quedar alleos á celebración: na biblioteca tivo lugar unha exposición dos libros que temos relacionados con Rosalía e, co alumnado de agrupamento específico de 2º de ESO, elaboramos este vídeo.


 

Presentación de "As pegadas da prehistoria en Ribadeo"

O venres, día 21 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a presentación de As pegadas da prehistoria en Ribadeo, un caderno-guía sobre este tema elaborado por Emilio Piñeiroa, exprofesor deste instituto recentemente xubilado. Asistiu o alumnado de 2º de ESO, a quen lles impartía clase aínda o curso pasado. O traballo editouse grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo. MÁIS FOTOS

Emilio Piñeiroa

Distribuir contido


by Dr. Radut