Skip to Content

Blog da biblioteca

LETRAS GALEGAS 2022: Exposición Florencio Delgado Gurriarán

 

Na escaleira situada entre a conserxería e o primeiro andar podemos contemplar unha exposición sobre o escritor e intelectual Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2022. Trátase de dez carteis onde se dá conta da súa traxectoria literaria e vital. A bilioteca elaborou un cuestionario para traballar co alumnado sobre a figura do autor ao mesmo tempo que se achega a visitar a exposición.

  

 

CLUB DE LECTURA: Golpes de luz

 

 O luns 2 de maio celebrouse a sexta reunión do club de lectura impulsado pola Comisión de Igualdade. O libro escollido foi a moi recomendable novela Golpes de luz, de Ledicia Costas.

DÍA DO LIBRO- Dende Exeria ata Almudena

 

O alumnado de Lingua Castelá do noso instituto de 1º e 3º de ESO e 1º de BAC quixo conmemorar o Día do Libro cunha escenificación na que se caracterizou das escritoras máis descoñecidas das nosas letras, aquelas que ficaron esquecidas e/ou silenciadas polo feito de ser mulleres e deu lectura a textos biográficos ou fragmentos das súas obras. O título escollido, Dende Exeria ata Almudena, é un percorrido por tódalas etapas da literatura ata os nosos días. Preténdese visibilizar o labor e a valía de tantas e tantas mulleres agochadas detrás dos homes. 

 

A representación, organizada  Rosa Paz, do departamento de Lingua Castelá, tivo lugar no salón de actos o luns 25 de abril. A Biblioteca colaborou na selección de libros escollidos para formar parte do atrezzo ou buscar información. 

DíA DO LIBRO- Libros Deputación de Lugo

 

Con motivo da celebración do Día do Libro, o 23 de abril, desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo recibimos un lote composto por un exemplar de A relevancia do reino galego medieval. Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. Tomo I.” de Francisco Rodríguez e outro de “Meirás. Un pazo, un caudillo, un expolio.” de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. O obxectivo é contribuír ao aumento dos fondos bibliotecarios, da oferta de lectura e da información dispoñible ao servizo do alumnado e do corpo docente dos diferentes institutos da provincia.

 

DÍA DO LIBRO- Algúns libros de por aquí

  

Para conmemorar o Día do Libro, celebrado o 23 de abril, O EDL e a Biblioteca quixemos achegarnos á literatura da nosa contorna dando a coñecer  a través da edición dun díptico e dun cartaz publicitario as obras máis recentes de dúas autoras que foron alumnas do instituto, Eva Moreda - Rapazas de polar, Para toda a vida- e Lucía Ferro -Resaibo amargo- . A estes títulos sumamos ABarcelonesa, de Xavier Paz, que se achega ao pasado indiano da veciña vila de Barreiros. Algúns libros de por aquí foi o lema escollido para esta iniciativa.

 

COLABORACIÓN CO PROXECTO BUBISHER

O proxecto Bubisher diríxese á poboación dos campamentos de refuxiados saharauís situados na parte máis  inhóspita do deserto do Sahara e nace do desexo e a necesidade de proporcionar acceso á cultura e o coñecemento a un pobo abandonado pola comunidade internacional. Desenvolve actividades como: levar libros á comunidade, fomentar a lectura nas escolas, crear clubs de lectura, colaborar cos mestres e mestras e formar monitores capaces de transmitir á poboación nova o desexo de aprender. Profesorado e Biblioteca colaboraron adquirindo exemplares dos libros que edita a asociación.  

 

OVOS LITERARIOS

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, o alumnado de 1º de ESO inspirouse en obras literarias para dar vida aos seus personaxes ou autores a través de ovos decorados. Lecturas como A Odisea, O Quixote ou Plan de Rescate, entre outras, estiveron presentes na exposición, que puidemos disfrutar no vestíbulo principal do instituto. Organizou a actividade a profesora do departamento de Lingua Castelá Rosa Paz.

 

 

NOVIDADES: De todo un pouco

Incorporamos  novos títulos ás seccións de Literatura Feminista, sección Europa e Literatura Xuvenil en castelán.


NOVIDADES: De todo un pouco

Incorporamos  novos títulos ás seccións de Literatura Feminista, sección Europa e Literatura Xuvenil en castelán.


NOVA CARTELERÍA

 

Co fin de facilitar a busca do material desexado, substituímos nalgunhas seccións a vella cartelería por unha sinalización máis clara.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut