Skip to Content

Dinamización lingüística

Sabela Núñez Singala: O agasallo de Anya

O luns, 13 de abril, visitounos Sabela Núñez Singala para falar do seu libro O agasallo de Anya, que leron varios grupos da ESO.

Despois dunha exposición inicial sobre as orixes do libro e outros aspectos relacionados co mesmo, a autora contestou a numerosas preguntas do alumnado.

Coorganizaron a actividade o departamento de Orientación, o de Lingua galega e literatura, Equipo de Dinamización lingüística e Equipo da Biblioteca.

IMAXES:

 

O agasallo de Anya en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=bY1Q59DGPSc

 

Contos de medo no Museo de Lugo 2015

O día 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou na actividade Contos de medo no Museo, promovida polo Museo Provincial de Lugo.

Primeiramente, o alumnado leu no centro unha serie de relatos e xa no museo, organizados en equipos, buscaron resposta a unha serie de cuestións relacionadas con cada un dos relatos.

O alumnado estivo acompañado por Mª José Álvarez Amor, Isabel López, ambas as dúas do departamento de Lingua galega e literatura, e Roberto Rodríguez, do departamento de Xeografía e historia. 

Poética.gal. RECOMENDADO!!

21 de marzo, DÍA DA POESÍA.

Co gallo desta data, RECOMENDAMOS poética.gal

 

178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro de 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Co gallo desta data, grazas ó traballo do noso alumnado, a sombra de Rosalía aparecéusenos nos lugares máis insospeitados do instituto, como se pode comprobar neste vídeo:

(PREME NA IMAXE)

178 aniversario do nacemento de Rosalía

De Dionisio Gamallo a Dionisio Gamallo: un paseo polas letras en Ribadeo

Trazamos unha ruta por puntos de interese en Ribadeo pola súa relación co mundo das letras: nomes de rúas, monumentos-homenaxe, casas natais ou residencias temporais de autores, etc. O paseo empeza no noso centro, que leva o nome de Dionisio Gamallo, e remata na rúa homónima, onde está a súa casa natal.

Elaboramos un caderniño en pdf, que podes descargar maquetado para imprimir desde aquí.

E tamén unha versión virtual, en googlemaps, con información máis sinxela, á que podes acceder premendo no enlace ou na imaxe.

De Gamallo a Gamallo: un paseo polas letras de Ribadeo

 

 

Presentación de "Tópicos sobre a lingua galega"

DECEMBRO

O luns, día 15, tivo lugar a presentación do caderniño Tópicos sobre a lingua galega, editado polo Concello de Ribadeo. Asistiu o alumnado de bacharelato.

No acto, organizado polo Equipo de dinamización lingüística, participaron Neves Paz, técnica de cultura do Concello, e Suso F. Acevedo, profesor do centro.

 

Exposición sobre "O club da calceta", de María Reimóndez

Co gallo do Día internacional contra a violencia machista, ademais das actividades que reseñamos máis abaixo, tamén se organizou unha exposición relacionada coa novela O club da calceta, de María Reimóndez.

O alumnado de 1º de bacharelato encargouse de seleccionar fragmentos representativos e de achegar a súa opinión sobre a novela.

Agora que desmontamos a exposición, podes seguir vendo o material neste caderniño que elaboramos para que quede constancia da iniciativa.

Coordinaron a actividade as profesoras Isabel López Fernández e Teresa González Piñeiroa, do departamento de Lingua galega e literatura.

Preme na imaxe para acceder ó caderno en pdf

Exposición: O club da calecta

 

"Suspenso en matemáticas". Un relato de Riveiro Coello ilustrado polo noso alumnado

O alumnado do primeiro ciclo da ESO iustrou o relato "Suspenso en matemáticas", pertencente ó libro Casas baratas (Ed. Galaxia, 2005).

Coordinou o traballo a profesora Paula Alvite, do departamento de debuxo.

Podes acceder ó traballo premendo na portada:

Suspenso en matemáticas

25 de novembro. Día internacional contra a violencia de xénero

Premendo neste enlace ou na imaxe podes acceder a un caderno cunha selección de textos contra a violencia de xénero.

Se queres imprimilo, desde aquí podes acceder a un exemplar en pdf. (Imprimir a dobre cara e dobrar polo medio).

Podes acceder a máis textos destes autores consultando as súas obras na nosa biblioteca.25 NFORMANDO NÓS / FORMÁNDONOS CONTRA O MACHISMO

O noso alumnado participou, xunto co dos outros centros da vila, nunha performance relacionada co tema. O acto coordinouno o Concello de Ribadeo.

Máis fotos na nosa GALERÍA

Eu digo...

Recentemento publicouse na rede un vídeo que acabou sendo un éxito mediático: máis de 100.000 visitas en poucos días e ampla repercusión nos medios de comunicación.

No vídeo, realizado por unha estudante de xornalismo de Rianxo, hai unha alusión a Ribadeo que deu pé para que nós elaborásemos esta reacción solidaria e cómplice:

Preme na imaxe

 

Eu digo...Noraboa a Sara, Cris, María, Elena e Jaime, de 1º de bacharelato, polo seu magnífico labor.

Distribuir contido


by Dr. Radut