As posicións da Lúa e do Sol en relación á Terra e a súa influenza no número de nacementos e no rendemento académico foron o tema do traballo 'Astronomía, nacemento, rendemento' que Lucía Barcia García e Lucía Conde Fariñas (2º ESO) levaron á XI edición de Galiciencia, en (Ourense). O resultado ó que chegou o estudo realizado polo alumnado de 2º ESO estaba claro: non hai influenza sobre os nacementos, nacendo máis ou menos a mesma cantidade de xente en cada momento do ciclo luar ou solar, e parece que tampouco sobre o rendemento académico, se ben neste caso existen outros factores que fan que as notas teñan moita dispersión calquera que sexa o momento do nacemento.
Ah! E preguntádelles se o pasaron ben...