Skip to Content

Blogs, Exposicións, cursos e avisos, Info Point

Xornadas de formación das EPAS en Madrid

Este xoves 29 e venres 30 de setembro 120 centros de toda España xuntáronse como ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO e ESCOLAS MENTORAS, para intercambiar información e preparar estratexias de traballo para o curso 2022-23.

Dous días de intensos debates, presentacións, experiencias, actividades,... que servirán para enriquecer a educación en valores do noso alumnado e que nos porán en contacto con centros de todas partes de Europa e con alumnado e profesorado con intereses comúns de paz e benestar cidadán.

Somos conscientes de que só nesta liña de traballo podemos conseguir unha educación integral, comprometida co futuro e cunha clara conciencia de unidade e progreso.

 

  

Inicio de curso 2022-2023

Novo curso iniciado. Novo alumnado, nocvas actividades e moitas posibilidades. Seguimos como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, seguimos postulándonos para integrarnos na rede PEA  de Escolas da UNESCO, seguimos e seguiremos traballando a igualdade e a integración...

Os nosos primeiros pasos están encaminados á renovación e consolidación do grupo de traballo para as actividades de europeización e internacionalización, e rematar algunhas actividades que quedaron pendentes o pasado curso, e retomar e darlles continuidade ás que son xa un elemento vertebrador do Centro: Prensaescuela, STOP Accidentes, ONCE, SAVE THE CHILDREN, Loco Festival ACNUR, MEP, Investiga I+D+i, EUROSCOLA,... Unha serie de propostas que enriquecen e dinamizan a vida lectiva cotiá do noso alumnado.

Así que xa sabedes: se queredes rendabilizar o tempo, coñecer outras posibilidades, mergullarvos na realidade europea actual, participade nas nosas actividades. Esperámosvos....!

FIN DE CURSO 2021-2022

Coa finalización do proxecto TAEUS rematamos este curso. As actividades como EPA seguen xa que temos que concretar a nosa viaxe á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas, pero para iso aínda temos tempo por diante. Agora veñen días de informes e de recoller papeleo, ordear e deixar constancia do feito e preparar un novo curso. Temos aínda moitas cousas que facer e teremos xente nova para completar o que xxa levamos feito. 

Passade un bo verano, lembrade sempre que debemos seguir mantendo algunhas rutinas e verémonos nun par de meses (non tres como dín por aí), nunca suficiente, pero sempre necesarios!

PROXECTO TAEUS: Patrimonio Documental de Ribadeo

O equipo Cosmopolitas, formado por 13 alumnos e alumnas de 1º BAC B do noso centro presentou o seu traballo de divulgación do patrimonio documental do concello de Ribadeo nun webminar coordinado pola Asociación INGALICIA a mañá do mércores 15 de xuño entre as 9 e as 12 horas xunto a outros 250 alumnos e alumnas de centros de toda España. Unha oportunidade de difundir o legado dos nosos predecesores e unha ocasión exclusiva de achegarse a ámbitos da vida cotiá de Ribadeo desde 1536.

Introdución á Lingua e Cultura alemá

Hoxe mércores 8 de xuño tivemos a visita da profesora de alemán Blanca Sánchez Sampedro (EOI Ribadeo) que nos descubriu, de forma amena e instrutiva os moitos e variados coñecementos que temos de lingua alemá e tamén das similitudes e diferenzas coa cultura dos nosos veciños. Unha xornada moi animada que contou coa asistencia de parte do alumnado de 1º BAC dos 3 grupos que temos no centro (o alumnado máis interesado e responsable cos seus quefaceres e intereses). Durante hora e media paseamos por conceptos, lugares, protagonistas,... que son coñecidos e coñecidas por tods e que contribuiron, dalgunha maneira, ao benestar e progreso da Humanidade. Houbo tamén atrancos nesta evolución, pero deses igualmente queremos sacar leccións positivas. 

A vindeira semana continuaremos co noso periplo introdutorio cos grupos de secundaria, así que... preparade os voso recursos, poñede en activo o móbil,... e sigamos aprendendo, que aínda temos curso por diante!

   

Ultimando o PROXECTO TAEUS

Hoxe luns 30 de maio o alumnado implicado no PROXECTO TAEUS visita de novo o concello para ultimar a información máis relevante sobre o traballo. Unha visita na que recolleremos fotos e videos sobre os elementos máis singulares e especiais do traballo que veñen desenvolvendo con fondos europeos desde que se solicitaron e organizaron na nosa vila.

Nesta ocasión queriamos concretar algúns dos aspectos concretos para acometer a redacción definitiva e difundir o informe nas plataformas elixidas. Ana e o seu equipo facilitaron, unha vez máis, a nosa visita cunha selección dos documentos máis significativos dos que levan inventariado e dixitalizado, e incluso algunha peza algo máis orixinal e exclusiva que comentaremos nos resultados finais. Ata entonces... Grazas por todo!!!

EUROSCOLA 20 maio

Unha nova sesión de EUROSCOLA, unha nova oportunidade de facer escoitar a nosa voz e a nosa opinión en toda Europa. 7 centros españois, 90 centros europeos, 24 países poñendo oído e voz a unha problemática real e preocupante. Os nosos xoves queren participar, queren construír comunidade, queren manifestar o seu compromiso cunha sociedade máis xusta, máis igualitaria, máis sostible e máis democrática. Máis de 60 alumnos e alumnas de  BAC participaron nesta xornada.

Cronica3.com (25 maio 22)

O Xornal da Mariña (25 maio 22)

La Comarca del Eo (4 xuño 22)

 

Suplemento A Mariña El Progreso 26/05/22 

 Suplemento A Mariña El Progreso 26/05/22

Programa EUROSCOLA 20may

European Parliament Multimedia Centre (europa.eu)

 

 

 

9 de Maio 2022: DÍA DE EUROPA NO IES RIBADEO

Lembrade que aínda podedes participar no IX Concurso de Fotografía A cidadanía europea en Galicia.... tedes toda a información neste enlace de EUROPEDIRECT LUGO, ou tamén nesta dirección do Facebook... para maiores de 18 anos e ata o 9 de xuño!!!!

Mensaxe da Presidenta do Parlamento Europeo Roberta Metsola ás ESCOLAS EMBAIXADORAS.

Alumnado de 1º BAC signando o FELIZ DÍA DE EUROPA!

Esta tarde, dentro das actividades no DÍA DE EUROPA, recibimos a visita de Iván Lombardero, xeólogo, activista ambiental, traballador no Sindicato Labrego Galego,... entre outras moitas facetas que ven desempeñando desde fai tempo con convicción e firmeza. Con convicción xa que o estudo e a dedicación ás ciencias ambientais proporciona un punto de partida e de análise da realidade obxectivo e fundamentado, e con firmeza xa que as consecuencias dos seus estudos marcan unha liña clara de coñecemento que comparte en cada unha das súas actividades. A súa charla de hoxe titulouna "Europa fronte ás crises climática e enerxética", na que desenvolveu unha mirada crítica da sociedade actual desde as contendas mundiais e os primeiros pasos da unidade europea, unha unidade de marcado signo económico que aínda hoxe mantén o seu poder e a súa impronta na creación dos camiños de futuro para todos os países que compoñen a Unión Europea e incluso do resto de países de influencia no mundo. Unha charla que marcará un punto de inflexión na forma de pensar os contidos de Historia e de Filosofía do noso alumnado, e que sen dúbida dará para comentar e continuar charlando noutras ocasións.

Cronica3.com (11 maio 22)

O Xornal da Mariña (11 maio 22)

La Voz de Galicia (19 maio 22)

A charla comezou coa proxeción do vídeo que o alumnado de 1º ESO D realizou para a "Estación Verde", un espazo virtual proposto por EUROPE DIRECT A CORUÑA, e que reuniu a 8 centros de Galicia no estudo e divulgación dos obxectivos do Pacto Verde Europeo (tamén comentado na charla), e do que tedes o enlace máis abaixo.

Xa está dispoñible o espazo virtual "Estación Verde"; unha colaboración de 8 diferentes centros de Galiza sobre o PACTO VERDE EUROPEO. 

 

   Podedes acceder no seguinte  enlace:

  ESTACION VERDE 

   Para visualizar os vídeos, premede no cartel

   "Estación Verde na escola".

EUROSCOLA 20 MAIO

O vindeiro 20 de maio e por segunda vez este curso fomos seleccionados para participar nunha nova sesión de EUROSCOLA, un proxecto internacional que permite ao alumnado poñerse en contacto directo con responsables das institucións europeas e coñecer algúns dos temas de debate actual que se veñen desenvolvendo na política comunitaria. Nesta ocasión o tema versa sobre TRANSFORMACIÓN DIXITAL. Adxuntamos contidos e enlaces para tods os que queirades participar nesa xornada.

Para poder participar nesta xornada debedes acceder, cubrir, imprimir, asinar, escanear, subir e entregar o xustificante de ter realizado todo o anterior ao responsable da activiade.

(In order to validate the participation of all students, we kindly ask you to send this registration form to their parents via the following link):

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola200522 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut