Las que faltaban,Critina Oñoro
O 13 de agosto asistimos á presentación en Ribadeo do ensaio Las que faltaban, de Cristina Oñoro, escritora con vínculos familares na nosa vila. Manuela Busto, bibliotecaria de Castropol, conversou coa autora sobre este ensaio emocionante e divertido, un novo relato da historia do mundo en clave feminista. Oñoro adicounos amablemente un exemplar para a biblioteca.
A autora fala sobre o libro nesta entrevista:
https://www.youtube.com/watch?v=oBohfGbKXHE
Entre Rabiscos, Carla Nepomuceno
A nosa comunidade educativa ten o gusto de contar este curso no Departamento de Lingua Portuguesa coa profesora Carla Nepomuceno, ensinante de Português Língua Não Materna, tradutora, detentora dunha ampla experiencia docente con alumnado de distintas nacionalidades e persoa moi activa na divulgación (entre outros, é coordinadora do espazo Café com Português). Froito desta experiencia é a publicación dun caderno de actividades de vocabulário titulado Entre Rabiscos, pensado para aprender os elementos básicos da lingua portuguesa.
Carla tivo a amabilidade de agasallarnos cun exemplar adicado desta obra.
Podedes vela e escoitala nesta entrevista:
https://www.youtube.com/watch?v=9FSbfwMRqXU
O gran triángulo, Francisco Díaz Fierros
Francisco Díaz Fierros tivo a amabilidade de achegarse ao instituto e agasallarnos cun exemplar adicado da súa última obra, O gran triángulo, que narra a expedición cienfítica feita entre 1806 e 1808 ás illas Pitiusas por Xosé Rodríguez González, matemático e astrónomo galego, xunto con outros dous científicos franceses e que serviría para definir o metro como sistema universal de medida.
Francisco Díaz Fierros, vinculado a Ribadeo dende a súa infancia (cursou o bacharelato no noso centro), uniu ao seu labor de profesor universitario o de ser membro numerario da Real Academia Galega e da Real Academia de Farmacia de Galicia, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e presidente do novo Seminario de Estudos Galagos. A isto súmase a súa faceta de divulgador e escritor de numerosos artigos e libros sobre solos e augas de Galicia, así como de historia da ciencia galega e as súas relacións coa sociedade.
Podemos ler aquí unha entrevista ao autor:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2022/05/24/meu-capricho-e-non-ter-mobil/0003_202205E24P48993.htm