Skip to Content

Varios

Correlingua 2018

Este 10 de maio, o alumnado de 3º de ESO do noso institututo participou, acompañado polas profesoras Mirian Bouso, Chus Colmenero e Dores Fernández Abel, no Correlingua 2018, celebrado en Mondoñedo.

Previo ás actividades do Correlingua, o alumnado descubriu os segredos que garda o Cemiterio Vello de Mondoñedo, a través dun concurso.

Xa con respecto ao Correlingua debemos destacar que unha alumna e un alumno do noso centro subiron ao podio dos vencedores da carreira: María Cociña López e Aleix Díaz Salas.

Mais Fotos   

Dores F. Abel

Acercamiento a la figura de José Ángel Valente. Memoria y amor: de Galicia a la poesía universal

 

     Esta actividade, no marco do Programa "Por qué leer a los clásicos", promovido pola Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras do MECD, foi organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.                                             

Ovos literarios

Co motivo do día do libro, o alumnado do IES Dionisio Gamallo realizou a terceira exposición de ovos literarios. Tomando como pretexto un ovo baleiro, os alumnos e alumnas tiveron que recrear motivos relacionados co tema do libro. Este ano a novidade estaba na perspectiva de xénero dende a que se fixeron os traballos: personaxes femininos, autoras... O resultado é esta marabillosa mostra: Ligazón

XXIV Feira da Ciencia

                                                                                                                            Do mércores 4 de abril ó venres 6 tivo lugar no IES a XXIV edición da Feira da Ciencia de Ribadeo.

Nela participarán boa parte dos estudantes do IES como expositores dos seus propios traballos, dende os cursos iniciais ós finais, tendo como público ó alumnado do centro, doutros centros de primaria da zona e visitantes ocasionais. Os traballos versaron sobre temas de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química.

Estivo aberta mércores, xoves e venres en horario de mañá, de 9:20 a 13:10, cun pequeno descanso entre 11 e 11:30.     

Intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, de Lalín

O día 18 de abril o alumnado de 3º de ESO viaxou a Lalín para participar na primeira fase dun intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, coordinado polos equipos de dinamización lingüística dos dous centros.

Despois dunha breve recepción, o alumnado e o profesorado dos dous institutos desprazouse ata a fervenza do Toxa (Silleda). Desde alí realizamos un roteiro de sendeirismo próximo ó curso do río Deza ata chegar ó mosteiro de Carboeiro, onde repuxemos forzas cun xantar campestre. Despois, unha guía organizou o alumnado en equipos e propúxolles un xogo para que coñecesen o mosteiro dunha maneira lúdica. A continuación, xa en autobús, desprazámonos ata o pazo de Liñares (Prado-Lalín), que alberga o Museo Galego da Marioneta. Rematamos a xornada cun pequeno paseo pola vila, vendo o novo Concello, o Museo e o monumento ó porco.

Acompañando o alumnado, viaxaron Dolores Faílde, Miriam Bouso e Suso Fernández. O día 16 de maio será o alumnado de Lalín o que se desprace ata Ribadeo, para coñecer a nosa zona.

<

 

 

 

Encontro con Montse Fajardo

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Montse Fajardo.

                                                                                                                Ver mais

Encontro con Eva Mejuto

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Eva Mejuto.

 

 

Formación para o uso da biblioteca

O martes 19 de decembro remataron as xornadas de formación de nov@susuari@s da biblioteca dirixidas ao alumnado e 1º de ESO desenvolvidas ao longo do primeiro trimestre do curso. O equipo da biblioteca agradece a colaboración e apoio  dos titores e titoras deste nivel (Mª Jesús Besteiro Cabanas, Beatriz González Fernández, Mª Dolores Gómez Fernández e Manuel Corbacho Pérez)

Mais fotografías

                                                                                                           

Unha árbore de libros

O Nadal tamén chegou á biblioteca,

e celebrámolo dando vida ás vellas

enciclopedias (acantoadas pola

omnipresente Internet) para formaren

una festiva árbore navideña.

 
 

Suso Peña na nosa bibliotesa

Comprácenos incorporar á nosa biblioteca oito láminas enmarcadas do cómic do ilustrador ribadense Suso Peña "La cueva del rey Cintolo", agasallo de Jaime Rodríguez e do profesor Roberto Fernández.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut