Skip to Content

Libros

Presentación de "Tópicos sobre a lingua galega"

DECEMBRO

O luns, día 15, tivo lugar a presentación do caderniño Tópicos sobre a lingua galega, editado polo Concello de Ribadeo. Asistiu o alumnado de bacharelato.

No acto, organizado polo Equipo de dinamización lingüística, participaron Neves Paz, técnica de cultura do Concello, e Suso F. Acevedo, profesor do centro.

 

O libro máis antigo que temos no instituto - II

Ata hai pouco, o libro máis antigo que tiñamos no instituto era un de 1930 pero, grazas á doazón dun exalumno, agora xa temos un de 1929.

Trátase de El cielo. Nociones de astronomía popular dispuests para lectura en las escuelas, de D. Victoriano F. Asanza.

Como curiosidade, apuntamos que o libro publiocuse só uns meses antes do descubrimento de Plutón.

Visita do Profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira

18 de setembro de 2014

Hoxe visitounos o profesor D. Fransico Díaz-Fierros Viqueira, que nos agasallou con exemplares das súas obras, cariñosamente dedicadas, e asinou no libro de honra do centro.

Fransico Díaz-Fierros é Doutor en Farmacia pola USC, onde exerceu a docencia ata a súa xubilación.

É membro do Consello da Cultura Galega, da Real Academia da Lingua Galega e doutras institucións relacionadas co seu ámbito.

Agradecemos enormemente a súa doazón, que pasará a formar parte da nosa biblioteca, para que estea dispoñible para toda a comunidade escolar.

Entrega de libros

 

 Asinando no libro de honra

23 de abril, día do libro.

Coma cada 23 de abril, hoxe celébrase o DÍA DO LIBRO. Con perdón de Shakespeare e de Cervantes, desta vez nós queremos conmemoralo cunha curiosidade bibliográfica:

Cal é o libro máis antigo que temos no instituto?

Polo de pronto, o máis antigo que atopamos é un exemplar de 1930: unha 1ª edición do Tratado elemental de agricultura de Daniel Nagore Nagore

Tratado elemental de agricultura

 

 

Visita ó Museo de Lugo (14-3-14)

O alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo que tivo dúas fases: a primeira tivo lugar previamente e consistiu na lectura dos catro relatos de "Contos de medo no museo"; a segunda tivo lugar hoxe no propio museo e consistiu na resposta dun cuestionario sobre os relatos. Para iso, organizáronse catro equipos que tiveron que desprazarse polas distintas salas do edificio, seguindo pistas, para dar coas respostas. O equipo gañador recibiu un bolígrafo do museo como agasallo.

Como eramos un grupo numeroso, organizamos dúas quendas. Mentres uns estaban no museo, os outros demos un paseo pola muralla.

Despois desprazámonos ata As Termas, onde houbo tempo libre para xantar e ir de tendas. Foi, en resume, unha xornada na que aprendemos e desfrutamos. 

A actividade organizárona o departamento de galego e o Equipo de dinamización lingüísticaMª José, Teresa, Maricarmen, Manoli e Suso, que foron os acompañantes, quedaron moi contentos co bo comportamento do alumnado.    MÁIS FOTOS


Presentación de "As pegadas da prehistoria en Ribadeo"

O venres, día 21 de febreiro, tivo lugar no salón de actos a presentación de As pegadas da prehistoria en Ribadeo, un caderno-guía sobre este tema elaborado por Emilio Piñeiroa, exprofesor deste instituto recentemente xubilado. Asistiu o alumnado de 2º de ESO, a quen lles impartía clase aínda o curso pasado. O traballo editouse grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo. MÁIS FOTOS

Emilio Piñeiroa

A industria do libro a partir de "A miña planta de laranxa lima".

FOTOS

O día 15 de xaneiro tivo lugar un acto, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, co que pretendemos achegar o alumnado á industria do libro a partir do caso concreto de "A miña planta de laranxa lima", de José Mauro de Vasconcelos.

Presentación do libro "Do estigma á estima", de Valentina Formoso.

Presentación de "Do estigma á estima"Do estigma á estima

O martes, día 17 de decembro, tivo lugar a charla-presentación do libro "Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico", de Valentina Formoso Gosende.


A actividade, destinada ó alumnado de 1º de bacharelato, organizouna o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto e a Concellería de Mocidade e Sociedade da Información, do Concello de Ribadeo.

 

Galiciencia 2013

Elizabeth García Fong, Marcos Raúl García Fong e Pablo Ramos Muras viaxaron a Ourense para participar en Galicienciaonde se dan cita 50 institutos de toda a Comunidade para expoñer os seus inventos ou experimentos científicos. Acompañounos o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química.

Podes ver imaxes da actividade na nosa galería.

O português simples

O português simples

Durante as dúas últimas semanas tivo lugar no noso centro o obradoiro "O português simples", no que participou alumnado do 2º ciclo da ESO.

A actividade patrocinouna a Vicepresidencia Primeira do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo e, no centreo, coordinouna Dores Fernández Abel, profesora de Lingua Portuguesa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut