Skip to Content

Dinamización lingüística

A praia das Catedrais na literatura galega

"A praia das Catedrais na literatura galega" é un traballo elaborado polo alumnado de "Literatura galega e sociedade", materia de libre configuración de 2º de BAC.

Trátase da segunda entrega da serie "conTextos", onde temos intención de ir engadindo pequenos vídeos que relacionen textos literarios co contexto ou co espazo no que foron creados.

[PREME NESTE ENLACE OU NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

 

 

Visita á Casa-Museo de Manuel María

O 16 de maio o alumnado de 2°ESO asistiu a unha visita guiada á Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Visitaron tamén a Carballeira de Santa Isabel e o cemiterio onte repousan os restos do poeta. Todo isto seguindo un xogo de pistas. A continuación xantaron na área recreativa de Penas de Rodas.

Pola tarde, unha guía recibíunos na Lagoa de Cospeito para darlles a coñecer a gran diversidade ecolóxica deste lugar que forma parte da Reserva da Biosfera Tierras do Miño.

[MÁIS IMAXES]

Correlingua, 2017

O alumnado de 3º de ESO participou o día 9 de maio no Correlingua, celebrado este 2017 en Viveiro.

O alumno do noso centro Miguel Yáñez Fernández foi o primeiro clasificado na categoría masculina de secundaria na carreira polo idioma. Parabéns para el.

Ademais da asistir ás actividades en defensa da lingua galega, aproveitouse o día para visitar a lonxa de Celeiro, o casco histórico, a praia de Area, o Monte San Roque e o Mirador do Faro.
Coordinou a actividade a profesora Dores Fernández Abel.
Un día ben aproveitado!  
 
 

Exposición de libros dedicados

Co gallo do Día do Libro organizamos unha exposición de libros dedicados á entrada da nosa BIBLIOTECA. Pouco a pouco, iremos engadindo outros que atopemos.

  

 

8 de marzo: homenaxe a Maruxa Mallo

Celebramos o 8 de marzo coa proxección dun vídeo sobre Maruxa Mallo.

 

Encontro con María Reimóndez

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a un encontro literario con María Reimóndez para falar de dúas das súas obras: Usha e Volvo! O regreso de Usha. Tocáronse temas como a riqueza da diversidade cultural e lingüística, o feminismo, o mundo do libro ou a tarefa de escribir obras literarias. O estudantado participou activamente formulando preguntas dunha forma moi dinámica.

[MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA]

 

Booktrailers

Nunca é tarde para difundir un libro, aínda que xa leve tempo publicado. Nesas andamos: o alumnado de "Literatura galega e sociedade" está elaborando booktrailers. Velaquí os primeiros en chegar:

Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández, por Manuel Álvarez Rodríguez.

Os últimos fuxidos, de Xosé Fernández Ferreiro, por Clara Maseda Da Veiga.

A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, por María Cando Cruña.

A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, por Irene Awad Guerrero.

Ruído, de Miguel Anxo Murado, por Ramón Dorrego Fernández de Soto.

As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí, por Ana Otero Caetano.

Manuel María en romanés, da man de Alin

Pouco e pouco a nosa parede multilingüe vai medrando. Desta vez foi Valentín Alin Ciu, un alumno romanés de 1º de ESO, quen traduciu ó seu idioma uns versos de Manuel María. Porque SOMOS UN MUNDO DE XENTE e sabemos aprezar a diversidade!

 

O inverno na biblioteca

Aí fóra vai un frío que non se para. En consonancia cos tempos, na nosa biblioteca pódese ver estes días unha exposición de libros relacionados co inverno.

Promoveu a actividade a coordinadora do equipo de biblioteca, Susana Díaz Orol.

 

Anik Nandi

18 de xaneiro

Hoxe visitou o centro o o sociolingüísta Anik Nandi para falarlle ó alumnado da diversidade cultural, con especial atención ás similituades entre Galicia e a India.

ANIK NANDI  é un sociolingüísta bengalí que foi investigador do Instituto da Lingua galega. Actualmente está relacionado co Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Heriot-Watt University (Edimburgo), onde se doutorou o mes pasado cunha tese sobre a transmisión interxeracional do galego.

A visita ó noso centro forma parte  do programa “O galego é un mundo”, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que o leva a doce centros de ensino de Galicia. [MÁIS IMAXES]

Distribuir contido


by Dr. Radut