Skip to Content

Info Point

FELIZ DÍA DE EUROPA

 

DÍA DE EUROPA 2023

Unha nova celebración do 9 de maio no IES Ribadeo Dionisio Gamallo. Esta vez a actividade central será a charla que tres exdeputados galegos ofrecerán ao alumnado de 4º ESO e 1º BAC do centro que está implicado directa e indiretamente como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO.

Visita virtual ao Parlamento de Galicia

REPORTAXE SOBRE O FORTE DE SAN DAMIÁN

Este mércores 3 de maio saiu publicada a segunda das reportaxes que traballamos no centro para Prensaescuela. Esta vez 4 alumnas de 4º ESO (Ángela Alcántara Coto, Sara Requejo Fernández, Daniela Rodríguez Gago e Cristina Santamarina Sánchez) coordinadas polo profesor Javier Rodríguez González. O tema se anticipa á realidade social e histórica da vila porque trata a fortificación que ao carón do mar estamos acostumados a ver cando paseamos pola beira da ría de Ribadeo en dirección ao islote da illa Pancha, e do que durante o 2024 celebraremos os seus 400 anos de historia. Unha historia que estas 4 alumnas glosan de forma acertada despois dun traballo longo e arduo que incluiu a asistencia á charla que o cronista oficial Eduardo Gutiérrez, o historiador e descubridor Alberto Paraje e a concelleira de cultura do concello de Ribadeo, Pilar Otero, ofreceron o pasado 10 de febreiro, tanto na inauguración da exposición que abr os fastos do aniversario, como a posterior charla e a visita ao día seguinte do FORTE DE SAN DAMIÁN: UN MONUMENTO ESQUECIDO.

Noraboa pois a estas brillantes alumnas que conseguiron dar voz desde as aulas a unha realidade histórica que temos moi preto e que sen embargo non coñecemos. Agardamos que o seu traballo sirva de acicate para o seu coñecemento, coidado e recuperación. Lede pois a reportaxe e visitade o lugar porque tanto a súa historia pasada como o seu presente deben axudar a mellorar o seu futuro.

   

REPORTAXE SOBRE O CÓMIC MANGA

O mércores 26 de abril publicamos no suplemento de PRENSAESCUELA de La Voz de Galicia unha reportaxe de Sergio Díaz González, Mariam Dilami Hachmaoui, Alba Loureiro Peña e Itziar Nieves Freire sobre o Cómic Manga en Ribadeo.

De Japón a Ribadeo: un viaje a través del Manga

Un traballo de investigación no que demostraron os seus coñecementos e o seu esforzo para divulgar e investigar sobre unha Arte que ven xa desde moi antigo e que desde fai un tempo está tendo eco tamén por estes lares. Un traballo ben deseñado, rigorosamente tratado, e que reflicte con especial dedicación a algunhas das nosas compañeiras mergulladas nesta Arte e que queren demostrar o seu valer e creatividade nunha profesión moi competitiva.

Agardamos que leades con interés e comentedes construtivamente esta interesante proposta!

IES de Ribadeo en EUROPA

Este luns 1 de maio rematamos un novo intercambio co Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen (Alemaña). 15 participantes (13 alumnos e alumnas e 2 profes) do noso centro e 1 semana de confraternidade, viaxes e actividades.

Agora toca enfrentarse á derradeira parte do curso e agardar pola visita que para xuño fará o centro irmán entre o 16 e o 23.

Aínda nos tocará contar algunha cousa en diferentes medios, pero polo de pronto aquí tedes unhas cantas mostras do que fixemos....

   

 

Cronica3.com (3 maio)

XornaldaMariña (3 maio)

Amarinaxa (7 maio)

La Comarca del Eo (6 maio)

La Voz de Galicia (5 maio)

Autores Europeos e A conquista da Igualdade

Retomamos a rutina das clases con diversos recordatorios, uns que quedarán para sempre na alma e outros que poñemos agora a disposición de tods. Son traballos realizados por alumnos e alumnas, supervisados e maquetados polo profesorado responsable que teñen como elemento motivacional a loita pola igualdade e a recente nominación por parte da Comisión Europea do I Día Mundial dos Autores Europeos.

Presentamos aquí un traballo elaborado por varias alumnas e alumnos de 1º BAC C, que seleccionaron un autor e unha autora representativos de cada país da Unión Europea.

  

PREZI Autores Europeos

Tamén quixemos continuar co noso traballo en pro da Igualdade recollendo preguntas e temas sobre a situación da muller na nosa sociedade tanto actual como histórica, e lembrar así situacións, feitos, protagonistas, leis,... que foron cambiando na busca de unha igualdade que aínda está por conseguir pero na que creemos e consideramos necsario traballar e educar. Alba Loureiro, de 1º BAC B, foi unha das alumnas que escolleu preguntas, respostas e protagonistas coas que poderedes poñer a proba o voso coñecemento e a vosa implicación neste tema no que todos debemos tomar partido.

Mujeres al poder | Red Internacional de Información sobre Mujeres y Política

La conquista de la Igualdad

Gelís Romero e a Cátedra do pan (charlas STEM)

Auspiciado por PRENSAESCUELA e VIAQUA, o programa STEM achega as científicas galegas ao alumnado dos centros de ensino. Este mércores 29 de marzo contamos cunha exalumna: Mª Ángeles Romero Rodríguez, catedrática de Tecnoloxía dos alimentos na USC.

Unha xornada que nos permitiu continuar co debate sobre alimentación que comezamos fai un mes coa conexión on line co Parlamento Europeo na sesión correspondente de #EUROSCOLA e que, nesta ocasión, tivo un perfil máis propio e máis coñecido para todos nos.

Produtos apropiados e inapropiados, procesados e condeados, saudables e menos saudables,... cos que convivimos a diario formaron parte da exposición de Gelís Romero que logrou captar a atención dos 60 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH que acudiron ao salón de actos do centro. 

Agardamos que esta semente saudable que de seguro plantou floreza e de os seus froitos nas rutinas alimentarias diarias da nosa comunidade educativa. Grazas por todo!

    

Publicado en Cronica3.com (30 marzo)

La Comarca del Eo (8 abril)

Publicado en Prensa-escuela 

Video charla (51 minuts)

Charlas STEM: Gelís Romero, catedrática de Tecnoloxía dos alimentos

O vindeiro mércores 29 de marzo a catedrática de Tecnoloxía dos alimentos da USC, Mª Ángeles Romero Rodríguez, visitará o noso centro e charlará co alumnado e profesorado convocado dentro da programación de charlas STEM que Prensaescuela e Viaqua.

Gelís Romero é Doutora en Farmacia e Catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Santiago de Compostela. Socia fundadora e secretaria do Consello de Administración da spin-off TASTE LAB, S.L., primeira empresa Tecnolóxica de Análise Sensorial. Asesora e colaboradora de diferentes entidades e administracións para promover a alimentación saudable, elaborar guías de alimentación,... É a presidenta da Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias, a representante da USC en temas de alimentación e dirixe a Cátedra Institucional de Pan e Cereal.

Adxuntamos aquí unha entrevista de El Correo Gallego na que explica en que traballa desde a súa cátedra do pan e o cereal creada en xullo do 2016.

El Correo Gallego: Entrevista a Mª Ángeles Romero Rodríguez (oct 2018

E tamén un video dunha charla sobre Alimentos procesados desenvolvida no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

As charlas STEM están patrocinadas por Prensaescuela e Viaqua

TWITER @cosmopolitas1

Maruja Mallo: artista

Hoxe 15 de marzo celebrarase en Viveiro un acto de presentación do selo de correos conmemorativo da artista Maruja Mallo.

Este selo pertence á colección de #8MTodoElAño, dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.

Para acompañar e solidarizarmos con este recoñecemento nos tamén quixemos unirmos coa proxeción do documental sobre a súa vida e obra que compartimos nete enlace...

IMPRESCINDIBLES: Maruja Mallo

E tamén esta entrevista de Joaquín Soler á artista en 1980.

TWITER @cosmopolitas1

CON NOME PROPIO: Melodi Parga Otero, Historiadora da Arte

Dentro das actividades do MARZO-MULLER, hoxe luns 13 de marzo comezamos a semana coa charla de Melodi Parga Otero, historiadora da Arte (e exalumna do centro), que contou ao alumnado de 2º BAC C os seus estudos universitarios, a sú vida como alumna ERASMUS en Göttingen, as súas andanzas polo Arqueolóxico Nacional, e as súas actuais inquedanzas.... Agardamos que a súa interesante charla sirva de acicate a este alumnado que, en pouco tempo, vai a verse envolto en novas e cruciais experiencias. Agardamos tamén que volvan dentro dun tempo, e conten, como agora o fixo Melodi, as súas andanzas polo mundo adulto, calquera que sexa o que lles toque ou o que poidan vivir.

Grazas Melodi, polas túas palabras, e polo traballo, que xa acumula moitos momentos importantes desde aqueles tempos do blog de prensaescuela, do traballo da "Baraja vial",... e tantas e tantas actividades escolares ás que dedicaches tempo e bo facer!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut