Skip to Content

Blog da biblioteca

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

 

O xoves 30 de marzo visitounos a nosa admirada escritora Ledicia Costas, presentada pola coordinadora de Igualdade e do EDL Teresa González e polos alumnos de 2º de BAC Nora Maseda Freije e Alejandro Bentley Blanco. Este curso varias das súas lecturas figuraban na programación do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Nunha primeira quenda, falou coas rapazas e rapaces de 1º de ESO sobre O neno de lume, unha fermosa narración con aroma a conto clásico que leron os tres grupos deste nivel de xeito alternativo durante as tres avaliacións do curso. A continuación dialogou coa rapazada de 3º e 4º de ESO sobre A lebre mecánica, que alerta sobre os perigos da ludopatía. Ao final do acto asinou exemplares das súas obras.

 

 

 

  

 

 

NOVIDADES MARZO

LITERATURA FEMINISTA 

Incorporamos á nosa sección de Literatura Feminista o título Ni musas ni sumisas, unha revisión ilustrada da historia da arte occidental con perspectiva feminista da autoría de Helena Sotoca, creadora de Femme Sapiens, unha conta de Instagram que percorre a Historia da arte con perspectiva de xénero, humor e ironía.

 

 

OBRAS EDITORIAL XERAIS

 A editorial Xerais cedeu ao Departamento de Lingua Galega e Literatura tres novos títulos que pasan a formar parte da biblioteca: a novela Os soños de Miguel, de Manuel Iglesias Turnes e os poemarios Negras, de Daniel Asorey  e Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

 

 

PARTILLA OS TEUS LIBROS

 

A xeito de “BookCrossing, iniciativa que comienza en marzo de 2001 en Estados Unidos e que consiste na práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que después farán o mesmo, poñemos en marcha a nosa “casiña de libros” colocada de xeito ben visible nun dos vestíbulos de entrada ao instituto. Baixo o lema “Partilla os teus libros”, acompañado dunha ilustración realizada pola alumna Lucía Miranda Santamarina, animamos a participar nesta intercambio de libros a toda a comunidade educativa.

 

 

 

 

 

DOAZÓNS

 

Pedro Gómez Álvarez, profesional da educación que exerceu distintos cargos públicos neste ámbito, doou ao centro un exemplar adicado da súa obra O ensino na terra de Lemos nos séculos XIX e XX.

 

 

  

 

Antonio Gregorio, exprofesor do centro e participante no noso clube de lectura RibaLeo, doou á biblioteca as novelas Eternity, de Xosé Monteagudo e A malferida, de Irene Rega Jul.

 

 

 

LIBROS ADICADOS- Olga Novo e Ledicia Costas

 

Con motivo da súa visita o 6 de marzo ao noso centro para participar nas actividades das que xa demos conta neste blog, Olga Novo deixou para a biblioteca unha agarimosa adicatoria do seu poemario Feliz Idade.

 

 

  

 

A escritora Ledicia Costas, que participou nun encontro co alumnado o día 30 de marzo, asinou para a biblioteca un exemplar da súa novela  Golpes de luz.

 

 

PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO- A culpa

Continuando na nosa liña de colaboración e intercambio de libros con outras bibiotecas, cedimos temporalmente sete  exemplares da novela A culpa, de María Solar, ao departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Moncho Valcarce, das Pontes de García Rodríguez.

 


CELEBRACIÓN DO 8M: ENCONTRO COA POETA OLGA NOVO

O 6 de marzo a poeta Olga Novo visitounos para falarmos do seu poemario Feliz Idade, que recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Poesía o ano 2020. A actividade forma parte doproxecto "Nomeámolas. Existimos!” do Comité Lila, que neste 2023 nomea a Olga Novo, para visibilizala co motivo do 8M. Previamente ao encontro as rapazas e rapaces de ESO e bacharelato  traballaron cos poemas do libro: por unha banda ilustraron algún dos poemas nas clases de Debuxo e por outra  traducíronos ao portugués, inglés e francés coordinados polo profesorado que imparte as distintas linguas e literaturas do centro. O resultado foi un fermoso caderno que dá conta do traballo realizado. Ademais, o alumnado de EE protagonizou un emotivo video trasladando poemas da autora á linguaxe de signos.

 

Xa no salón de actos proxectouse o video, recitáronse os poemas traducidos e tivo lugar un coloquio co alumnado de bacharelato que traballou previamente nas aulas de Literatura cos poemas de Olga. O alumnado participante no debate foi agasallado cunha bolsa conmemorativa do encontro. Parlelamente, no tendedeiro da biblioteca e no taboleiro do Comité Lila espúxose unha selección de versos da autora. Organizou a actividade a profesora Teresa González, coordinadora do EDL e da Comisión de Igualdade. Colaboraron a Biblioteca e o concello de Ribadeo.

 

Algunhas fotos do acto:

 

7

 

 

 

 

Video do alumnado e profesorado de EE:

 

 

 

https://youtu.be/XfIWx5EyLxE

 

Imaxes do caderniño:

 

 

 

Bolsa conmemorativa:

 

 

Exposición de versos:

 

 

 

 

 

 

 

VIDEO “OTERO PEDRAYO E RIBADEO”

O alumnado da materia Literatura Galega e Sociedade, coordinado polo profesor Suso Fernández Acevedo, profesor de Lingua e Literatura Galega e membro do equipo da Biblioteca, recibiu o II Premio Otero Pedrayo, na categoría de estudantes de ESO e BAC, modalidade de grupos, por este video documental que  informa basicamente de tres aspectos que relacionan a Otero Pedrayo con esta zona: as publicacións de Otero Pedrayo no xornal "El Aldeano" de Castropol, a correspondencia de Otero Pedrayo a Dionisio Gamallo Fierros que se conserva no arquivo familiar, e unha serie de artigos de Gamallo Fierros sobre Otero Pedrayo co gallo sa súa xubilación da Universidade de Santiago. Trátase de contido pouco coñecido, no caso das colaboracións na prensa, e inédito no caso do epistolario de Otero a Gamallo.   

Na comunicación da decisión nas redes sociais, a Fundación Otero Pedrayo comenta o seguinte:

“O premio ao mellor traballo en grupo recaeu no IES Dionisio Gamallo Fierros polo seu traballo sobre Otero Pedrayo e Dionisio Gamallo Fierros. Presentaron un vídeo documental no que aportan e comentan material autógrafo e bibliográfico moi pouco coñecido ata o de agora e que deixou ao xurado totalmente abraiado”.

 

Noraboa aos premiados!

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2CV8E1aFrUo

 

 

CADERNOS E MARCAPÁXINAS BIBLIOTECA

 

A Asesoría de Bibliotecas Escolares enviou ao centro cadernos e marcapáxinas co lema escollido para este curso: Escribir para a bibioteca escolar.

 

DÍA DE ROSALÍA

A partir do xoves 23 de febreiro o instituto celebrou o Día de Rosalía. O día 23 a Comisión de Igualdade e o EDL, en colaboración co concello, homenaxearon á autora no Cine Teatro de Ribadeo coa lectura de textos da autora, e a escenificación do seu poema A xustiza pola man, seguida da lectura do manifesto da AELG Cumpriuse a xustiza, nun acto aberto a todos os públicos. O luns 27 no salón de actos do instituto tivo lugar a mesma representación para o alumnado de 3º e 4º de ESO, ao que se sumaron outros grupos. Tanto a representación como a lectura do manifesto correron a cargo do alumnado e do profesorado, coa colaboración da actriz María Novo. A actividade complementouse co reparto dunhas pulseiras conmemorativas cun dos versos do poema. Organizou e presentou a actividade a profesora Teresa González, coordinadora do EDL e da Comisión de Igualdade. A biblioteca colaborou cunha exposición de libros da autora e un tendedeiro con retratos e fragmentos dos seus poemas. 

https://www.facebook.com/ConcellodeRibadeo/posts/pfbid02nea

RwN34KpG8e2bHQsYkHxwkTVqYYK6gg8jSoSfYWUzQ2sjgSzbgTtpkMQD3jTfLl

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=eMKyxMGyAjA&t=134s

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut