Skip to Content

Dinamización lingüística

Ventos poéticos

O día 4 de maio estiveron no instituto  Olga Novo e Elisabete Marques, poetas galega e portuguesa, respectivamente, que recitaron algúns textos e explicáronlle ó alumnado de 1º de BAC algúns aspectos do seu labor literario. A tamén poeta Yolanda Castaño encargouse de introducir o acto e presentar as dúas escritoras.
 
 
 
 
         A actividade forma parte de "Ventos poéticos", unha proposta do Concello grazas á cal viñeron a Ribadeo para un acto aberto ó público que tivo lugar pola tarde, ademais das xa mencionadas, os poetas asturianos Quique Roxíos e Xuan Bello.
 
Coordinaron a actividade dores Fernández Abel 8portugués) e Suso Fernández Acevedo (Galego)
 
 
 
.

Correlingua 2018

Este 10 de maio, o alumnado de 3º de ESO do noso institututo participou, acompañado polas profesoras Mirian Bouso, Chus Colmenero e Dores Fernández Abel, no Correlingua 2018, celebrado en Mondoñedo.

Previo ás actividades do Correlingua, o alumnado descubriu os segredos que garda o Cemiterio Vello de Mondoñedo, a través dun concurso.

Xa con respecto ao Correlingua debemos destacar que unha alumna e un alumno do noso centro subiron ao podio dos vencedores da carreira: María Cociña López e Aleix Díaz Salas.

Mais Fotos   

Dores F. Abel

Intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, de Lalín

O día 18 de abril o alumnado de 3º de ESO viaxou a Lalín para participar na primeira fase dun intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, coordinado polos equipos de dinamización lingüística dos dous centros.

Despois dunha breve recepción, o alumnado e o profesorado dos dous institutos desprazouse ata a fervenza do Toxa (Silleda). Desde alí realizamos un roteiro de sendeirismo próximo ó curso do río Deza ata chegar ó mosteiro de Carboeiro, onde repuxemos forzas cun xantar campestre. Despois, unha guía organizou o alumnado en equipos e propúxolles un xogo para que coñecesen o mosteiro dunha maneira lúdica. A continuación, xa en autobús, desprazámonos ata o pazo de Liñares (Prado-Lalín), que alberga o Museo Galego da Marioneta. Rematamos a xornada cun pequeno paseo pola vila, vendo o novo Concello, o Museo e o monumento ó porco.

Acompañando o alumnado, viaxaron Dolores Faílde, Miriam Bouso e Suso Fernández. O día 16 de maio será o alumnado de Lalín o que se desprace ata Ribadeo, para coñecer a nosa zona.

<

 

 

 

Encontro con Montse Fajardo

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Montse Fajardo.

                                                                                                                Ver mais

Encontro con Eva Mejuto

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Eva Mejuto.

 

 

Concurso: Coñeces a nosa biblioteca?

Co fin de promocionar o coñecemento e uso da biblioteca e fomentar o interese pola lectura, puxemos en marcha dende o 22 de xaneiro o concurso Coñeces a nosa biblioteca? Pode participar todo o alumnado a través dunha sinxela mecánica que consiste en contestar semanalmente a unha pregunta, depositando a resposta nunha urna. No recreo de cada luns sortéase un libro entre as persoas participantes.

 

 

 

 

 

 

 

.

Viaxe a Valença do Minho e Vigo

O alumnado de portugués da ESO e todo o de 3º de ESO púxolle o ramo á primeira avaliación viaxando a Valença do Minho e Vigo.

En Valença coñeceron a Fortaleza e a súa historia; en Vigo, o casco histórico. Tamén visitaron o Museo do Mar para ver o Pergamiño Vindel, e aprender sobre a época en que foi escrito.

As profesoras Mírian Bouso, Isabel López López, Dores Fernández Abel e o profesor Suso Fernández Acevedo acompañaron o alumnado nesta xeira de espairecemento e aprendizaxe.                                         Mais fotografías

Certame de postais de nadal "Pinta con luz feminista"

As gañadoras do certame foron Lara Pérez Veleiro, de 1º da ESO e Noa Castiñeiras Sánchez de 1º de Bacharelato

     

 

Aproveitamos esta iniciativa para desexarvos

BO NADAL

Mellores, non maiores

O comité lila conmemora o 25 de novembro de 2017. 

 

Inauguración do curso 2017/2018 no IES

 

  

Fotografías da inauguración                   Vídeo 1ª parte               Vídeo 2ª parte         

 

   O luns 18 de setembro o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo abriu o curso académico cunha lección inaugural pronunciada por Roberto Rodríguez Rodríguez, ribadense vinculado ao Instituto dende neno, cando foi alumno, ata o remate nel da súa carreira profesional como profesor. Na lección, co título “Unha visión de Suso Peña e o seu legado”, Roberto falou do seu amigo debuxante, ilustrador e fotógrafo Suso Peña, persoeiro cuxa figura o Instituto difunde entre a comunidade educativa na contraportada da axenda escolar 2017-18. O salón de actos do Instituto encheuse con alumnado, profesorado, amigos e amigas do conferenciante e do homenaxeado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut