Skip to Content

Samaín, 2017

Chegou o Samaín e o instituto enchéusenos de fantasmas, cabazas e moito, moito medo...

Coordinou a actividade Chus Colmenero, profesora do departamento de Debuxo.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

 

Exposición de cunchas

Esta semana, unha parte do alumnado e profesorado  do IES de Ribadeo, achegámonos á oficina de turismo para recibir unha clase distinta por parte do  coleccionista ribadense David López Álvarez, quen nos  amosou con auténtico entusiasmo parte da exposición que leva xuntando dende neno.

[MÁIS IMAXES]

Puidemos  observar máis dun millar de cunchas de todo o mundo así como así como centos de bolboretas,  insectos e tamén algúns fósiles. David contounos que para  facerse con tal número de exemplares leva moitos anos capturando e intercambiando con aficionados de todo o mundo e tamén ás veces comprando. Tamén nos amosou a manga para cazar bolboretas,  a forma de estendelas para poder conservalas e contounos moitas curiosidades dalgunhas especies. 

"Moodle, imprescindible": Un artigo de Teresa Díaz

No Espazo Abalar publicouse recentemente un artigo de Teresa Díaz Estévez, do departamento de Física e Química, sobre a importancia de Moodle para a docencia da Física e Química de 2º de ESO no noso centro.

Visita de antigo alumnado

24/09/16

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Un grupo de alumnos e alumnas de finais dos anos 80 organizaron unha xuntanza e realizaron unha visita ó centro, a onde algún deles non volvera desde aqueles anos.

Foi un pracer recibilos, ensinarlles as instalacións e escoitar as numerosas anécdotas que ían contando daqueles cursos.

Cómpre dicir que viñan en son de paz, desarmados e sen ánimo de vinganza.

[imaxe do grupo na entrada do instintuto]

Conferencia inaugural: Xavier Rodríguez Baixeras

O poeta Xavier Rodríguez Baixeras pronunciou o venres, día 16, a conferencia inaugural do curso 2016-17. O tema foi "Algúns aspectos da poesía de Luz Pozo".

O acto estivo aberto ó público en xeral e, ademais do alumnado e profesorado do centro, asistiron veciños e amigos do conferenciante.

[PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó VÍDEO]

                                    FOTOS: Pablo Villapol

Calendario de comezo de curso

XOVES, DÍA 15

12:30 h.: Presentación de 1º e 2º de ESO.

13:00 h.: Presentación de 3º e 4º de ESO.

14:00 h.: Comedor.

14:30 h.: Saída do autobús.

VENRES, DÍA 16

8:30 h.: Inicio das clases da ESO.

11:30 h.: Presentación de 1º e 2º de bacharelato.

12:30 h.: Conferencia inaugural: "Algúns aspectos da poesía de Luz Pozo", por Xavier Rodríguez Baixeras.

XOVES, DÍA 22

16:30 h.: Presentación de Ensinanzas Básicas Iniciais e Educación Secundaria de Adultos. Despois da presentación iniciaranse as clases.

LUNS, DÍA 3 de outubro

18:20 h.: Presentación de bacharelato de adultos. Despois da presentación iniciaranse as clases.

Curso 16-17

↑↑

↑↑ CURSO ESCOLAR 16-17 ↑↑

Mariñarte, 2016

O alumnado do noso IES participou na exposición Mariñarte, que tivo lugar durante o mes de agosto no Forte de San Damián, organizada polo Exmo. Concello de Ribadeo.

Coordinou a elaboración dos traballos e a participación na exposición a profesora Paula Alvite, de departamento de Debuxo. [MÁIS IMAXES]

Pintapatio

Acaba o curso, pero o alumnado de Debuxo aproveita ata o último momento para mellorar o aspecto do instituto. Coordina a actividade a profesora Paula Alvite.

[MÁIS IMAXES]

Distribuir contido


by Dr. Radut