Skip to Content

Blog da biblioteca

LIBROS ADICADOS- Andrea Maceiras

 

Con motivo da visita ao instituto de Andrea Maceiras o 5-5-23, da que xa demos conta neste blog, a autora adicou á biblioteca senllos enxemplares das súas obras  O que sei do silencio e Que me pare o corazón se te esquezo. 

 

 

 

ENCONTROS CON ESCRITORAS- Andrea Maceiras

 

Organizado conxuntamente polo Dto de Galego, o EDN e a Biblioteca, o venres 5 de maio visitou o noso centro Andrea Maceiras para dialogar co alumnado de 2º de ESO e de 4º de ESO sobre os seus libros O que sei do silencio e Que me pare o corazón se te esquezo. Ambos tratan temas de sumo interese e de plena actualidade: o problema do acoso escolar e o perigo das redes sociais. Logo asinou amablemente exemplares das súas obras para rapaces, profesorado e biblioteca do instituto.

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas- EXPOSICIÓN FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas 2023, adicado ao intelectual mariñán Francisco Fernández del Riego, colocamos unha exposición da súa obra no corredor situado entre o patio de columnas e a cafetería. Preparamos un cuestionario sobre a mesma a disposición do profesorado que desexe visitala co seu alumnado.

 

 

ROTEIRO LITERARIO- A gruta da torre

 

En colaboración co programa O concello cos coles, do concello de Ribadeo, o luns 24 de abril o alumnado de 2º de ESO , acompañado polo escritor Lois Pérez e por profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura, realizou un roteiro polos lugares da vila onde se desenvolve a acción da súa novela A gruta da torre. O libro, merecedor V Premio Pola Igualdade Agustín Fernández Paz, foi lido pola rapazada ao longo deste curso.

 

 

DOAZÓNS

 

Testamento do mariscal Pardo de Cela

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense agasallounos coa recente reimpresión de El testamento del mariscal Pardo de Cela, escrito por Eduardo Pardo de Guevara. Trátase dunha obra que dá conta do achado do testamento outorgado en outubro de 1483 polo mariscal, contextualizando, valorando, editando o propio documento e poñendo en valor a súa significación histórica.

 

 

 

Libros fundación Otero Pedrayo

Con motivo da asistencia á recollida do II Premio Otero Pedrayo ao noso alumnado da materia Literatura Galega e Sociedade, do que xa demos conta neste blog, a Fundación Otero Pedrayo agasallou á biblioteca cun lote de libros.

 

 

CATÁLOGO LIBROS XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

O departamento de Xeografía e Historia elaborou un catálogo ilustrado para a a biblioteca con recomendacións lectoras sobre libros refefentes á materia, que inclúe nomeadamente as novidades de recente incorporación. Está a disposición do alumnado e profesorado na sección correspondente da biblioteca.

 

 

ENTREGA PREMIO VIDEO OTERO PEDRAYO

 

O mércores 29 de marzo o equipo de alumnado de 2º de BAC composto porÁngela Fernández González, Nora Maseda Freije, Lucía Miranda Santamarina, Antón Suárez García, Estela Veiga García e Claudia Vizoso González, acompañado polo profesor e coordinador Suso Fernández Acevedo e a profesora Dolores Faílde, recolleu en Ourense no Pazo de Trasalba o  premio ao mellor traballo en grupo polo video Otero Pedrayo e Ribadeo, do que xa demos conta noutro apartado do noso blog.  

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/78750/xunta-fundacion-otero-pedrayo-entregan-galardons-edicion-seu-certame-para-estudantes

 

DÍA DO LIBRO- Itinerario literario

O luns 24 de abril celebramos no instituto o Día do Libro a partir dunha inciativa ideada pola profesora do Dto de Lingua Castelá Rosa Fernández Paz. Tomando como base o fío condutor da saúde mental, fixo unha escolma de escritoras e escritores dos que se caracterizou o alumnado de 2º ESO-B, 3º ESO- B e C e 4º de ESO. Os grupos percorreron as aulas do instituto e cada alumna e alumno, seguindo un guión que trazaba a traxectoria literaria e vital do personaxe ao que representaba, lía unha breve reflexión ou fragmento da súa obra.

 

 

 

NOVIDADES - Libros editorial Baía

 

Trátase das novelas Unha presa de terra, de Marilar Alexandre; A mona de Schrödinger, de Uxío Larvós; O segredo de Caaveiro, de María Antonia Quesada e A fotografía 51, de María Canosa. Estes dous últimos títulos, de literatura xuvenil.

 

3º ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA RIBALEO- Canto eu e a montaña baila

O luns 20 de marzo xaneiro tivo lugar a terceira xuntanza do club de lectura RibaLeo. A novela escollida foi Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà. A obra, que ten como escenario o Pirineo catalán, é unha fermosa narración coral na que mulleres, homes e natureza  toman a palabra para contarnos a memoria de séculos de loita pola supervivencia.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut