Fotografías
O IES de Ribadeo vai participar un ano máis no Proxecto Ríos co dobre obxectivo de estudar o río como ecosistema e sensibilizar da conservación do medio como patrimonio natural.
O pasado luns, 31 de outubro, algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno durante tres horas para facer a toma de datos correspondente á inspección de outono. Tras recorrer o tramo de estudio facendo unha observación xeral, os alumnos procederon a facer as análises axeitadas co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: a calidade hidromorfolóxica, a calidade físico-química e a calidade biolóxica.
Os resultados foron os seguintes:
1.- Respecto á calidade hidromorfolóxica, observamos que a auga flúe aínda que lentamente, o nivel de auga é bastante máis baixo do esperado porque os últimos meses foron moi secos, o substrato son coídos e gravas con area e limos, a cobertura de vexetación acuática é escasa e o río está sombreado con claros. De calquera xeito, todo esto, lévanos a unha valoración final do hábitat boa, de 65 puntos, segundo as táboas facilitadas por Proxecto Ríos. Isto podemos interpretalo como un hábitat ben constituído.