Skip to Content

Comité Lila

Encontro con Ses

O Comité Lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo organizou un encontro con Sés para achegármonos ó amor dun xeito distinto.

O obxectivo é aprender a contruír unha identidade cultural, lingüística e sexual sen complexos, para evitar prexuízos insáns e que afogan.

Coordinou a actividade Teresa González Piñeiroa.

Condena dun novo caso de feminicidio

31 de decembro

Ante un novo feminicidio, o COMITÉ LILA do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo fai pública unha declaración de condena. Pódese ler o texto íntegro premendo neste enlace.

 

María Solar

17 de xaneiro

Hoxe visitou o noso centro María Solar para falar da súa novela As horas roubadas. A actividade, que se puido levar a cabo grazas á colaboración do Excmo. Concello de Ribadeo, estivo coordinada pola profesora Teresa González Piñeiroa

MARÍA SOLAR é licenciada en Xornalismo,  en Bioloxía e diplomada en Maxisterio. Foi directora e presentadora do programa As tardes da galega, na Radio Galega. Na TVG presentou o programa cultural Zigzag diario e outros. Actualmente presenta A Revista Fin de SemanaAdemais, ten colaborado en prensa e revistas e foi actriz de dobraxe.

Sororidade ó final do túnel

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

Actividade celebrada o día 25 de novembro organizada polo Comité Lila no marco da campaña #Ribadeoennegro.

Realizouse unha simulación, mediante un túnel, da situación de escuridade e opresión que padece unha muller maltratada. A saída do túnel conduce á cafetería, espazo de luz, onde se realizou un flashmob. A canción elixida é un canto á sororidade, á unión de todas as mulleres nunha loita común: a igualdade.

Curso 16-17

↑↑

↑↑ CURSO ESCOLAR 16-17 ↑↑

Distribuir contido


by Dr. Radut