Skip to Content

Blog da biblioteca

NOVIDADES E-BOOKS

Adquirimos cinco novos títulos para os nosos libros electrónicos:

 

Frankenstein o el moderno Prometeo, Mary Shelley
Novela de ajedrez, Stefan Zweig
Fuenteovejuna, Lope de Vega
A balada dos unicornios, Ledicia Costas
El palacio de la luna, Paul Auster
 
 
 
 
 

 

PROGRAMA CON-VIVE

 

O instituto desenvolverá a partir do segundo trimestre a liña 4 dos CONTRATOS-PROGRAMA denominada CON-VIVE. O seu obxectivo é  mellorar a competencia social e cívica, promover medidas que fomenten a convivencia,  promover un axeitado clima de aula e de centro e levar a cabo accións preventivas de condutas non axeitadas.  A biblioteca colabora co desenvolvemento do programa adquirindo 20 exemplares do libro "Invisible" de Eloy Moreno, sobre o cal se traballará nas horas de titoría.

 

 

SINALIZACIÓN DA BIBLIOTECA

 

Renovamos a sinalización da biblioteca con 4 novos indicadores de itinerario situados en distintos lugares do instituto.

 

 

 

LECTURAS EN GALEGO

 As editoriais Xerais e Galaxia cederon ao departamento de galego varios exemplares de lecturas xuvenís que pasan a formar parte dos fondos da biblioteca.

 

 

LIBROS SECCIÓN “EUROPA”

Incorpóranse á nosa Biblioteca varias novidades que pasan a formar parte da sección Europa. Podemos velas na seguinte fotografía:

 

LIBROS INCLUSIÓN PLAN LÍA

A consellería de Educación, dentro do Plan Lía de Bibiotecas Escolares, asignou ao centro unha partida económica para o chamado “desafío número 3”, A biblioteca inclusiva.  Baixo este epígrafe preténdese dotar ás bibliotecas escolares dos recursos necesarios para atender de forma axeitada ao alumnado con necesidades educativas de apoio específico, ofrecéndolle oportunidades adaptadas e enriquecedoras para a adquisición e reforzo de habilidades e de competencias clave.

 

Velaquí unha fotografía do material adquirido:

 

XOGO “TRIBO”, UNHA BARALLA POLA IGUALDADE

 

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo cedeu á biblioteca un exemplar do xogo de cartas “Tribo”, onde as protagonistas son mulleres senlleiras de todas as nacionalidades. A iniciativa parte do proxecto “Quero ser coma…”, que naceu coa finalidade de visibilizar as mulleres e os seus logros ao longo da historia, moitas veces ocultos ou silenciados. Colaborou na iniciativa o alumnado de 3º e 4º de ESO de Educación Plástica coordinado por Chus Colmenero e o alumnado de Coeducación, coordinado por Teresa González.

 

 

LIBROS SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 

20 membros do profesorado do instituto participan nun Seminario Permanente asociado á liña dos Contratos-Programa. Leva por título A educación emocional como eixe transversal da convivencia, a excelencia académica e a educación para a saúde. Como parte do material de traballo adquiríronse unha serie de libros relacionados co tema que pasarán a formar parte da nosa biblioteca.

 

EXPOSICIÓN PERMANENTE DE MINILIBROS

 

O primeiro trimestre deste curso 2020-2021 puidemos ver e admirar de cerca nunha exposición situada no vestíbulo principal do instituto: os “minilibros” realizados de xeito artesanal polo alumnado durante o confinamento, por iniciativa da profesora Rosa Paz Rico. Agora foron cedidos á Biblioteca, pasando a formar parte dunha exposición permanente. Polo de agora están situados no corredor que dá acceso á mesma, que funciona como unha especie de anexo para paliar a falta de espazo motivada polo protocolo anti-covid.

 

 

 

 

 

LIBROS FEMINISTAS EN INGLÉS

Ampliamos o noso fondo de libros con sete títulos en lingua inglesa vinculados dalgún ou outro xeito ao pensamento feminista.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut