Skip to Content

Blog da biblioteca

ACTIVIDADES AULAS PORTUGUÉS XORNAL NÓS

A nosa biblioteca está subscrita a varias publicacións, entre elas, o xornal Nós. A profesora de Lingua Portuguesa Dores Fernández Abel incorporouno de xeito cotián ao traballo nas súas aulas, aproveitando todas as posibilidades que ofrece.

 

 

RECITAL POÉTICO-MUSICAL DÍA DO LIBRO

O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora de Música María Ron a Biblioteca (cuxo equipo axudou a seleccionar os textos lidos)  foi escenario dun recital poético. O alumnado de 3º e 4º de ESO leu poemas nas distintas linguas do alumnado do centro con acompañamento musical en vivo e unha proxección audiovisual de fondo. O obxectivo, máis alá da mera celebración, foi o fomento da muliticulturalidade e a integración do alumnado de variadas orixes. Escoitamos textos en italiano, portugués, inglés, galego, castelán, alemán, catalán, chinés e árabe.

 

 

ACTIVIDADE PERSONAXES LITERARIOS DÍA DO LIBRO

O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora do Dto de Lingua e Literatura Castelá Rosa Paz, disfrutamos da posibilidade de ver ao noso alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO convertido en diferentes  personaxes da literatura universal que decidiron abandonar as páxinas dos libros para visitarnos e contarnos a súa historia desde unha perspectiva de xénero, igualitaria e diversa.

A blblioteca colaborou seleccionando  as obras correspondentes que acompañaban o atrezzo. 

Durante o acto, cada participante foi presentado cun breve texto alusivo ao libro ou ben cun fragmento do mesmo. A actividade incluiu tamén unha breve representación teatral da obra de Lorca A casa de Bernarda Alba. Noraboa a tod@s os participantes e á profesora organizadora ! Podemos ver un resume do acto no enlace

https://www.youtube.com/watch?v=Bh86O_eBGGA

 

 

LIBROS AGASALLO CONCELLO

O 20 de abril de 2021 a concelleira de cultura de Ribadeo fíxolles entrega ás directoras e directores dos centros de ensino de Ribadeo de varios exemplares de dous libros editados recentemente para que formen parte das súas bibliotecas.

O primeiro foi Cen historias máxicas pola Mariña encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Neira Brosch, editado por Gráficas Lar de Viveiro e patrocinado pola Área de Cultura da Deputación da Lugo. Trátase dun libro no que se recollen encantos, milagres, seres e lugares lendarios da comarca. O obxectivo foi contribuír á divulgación do acervo cultural e da creación artística da comarca en particular e de Galicia en xeral.

Ademais foron entregados dous exemplares de Rosas envaiñadas, un poemario do autor focense Paco Rivas.

O acto de entrega destes libros aos centros de ensino de Ribadeo tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho.

 

 

 

CERTAME RELATO CURTO COCA COLA

 Alumnado de 2º de ESO participou o mes de marzo no concurso de Novos Talentos de Relato Curto proposto pola Fundación Coca-Cola. A actividade consistiu en realizar unha proba escrita en tempo real a través da plataforma do concurso, que tivo lugar no recinto da Biblioteca. Agradecemos moito a súa participación e a implicación na actividade das profesoras Luana Ferreira Pires e Rosa Paz Díaz.

 

LIBROS ADICADOS- Pablo Trabadelo Villabrille

O fisioterapeuta e poeta veigueño Pablo Trabadelo Villabrille adicounos o seu poemario Navalla, que pasa a formar parte da nosa colección Local. Podedes ver unha autopresentación do libro no seguinte enlace:  

https://www.youtube.com/watch?v=XX0TC-aElao

 

 

NOVAS ADQUISICIÓNS MOBILIARIO

 

Alén da ampliación das estanterías da sección de Ciencias e de Literatura Galega Adultos, utilizamos a concesión de fondos para mobiliario outorgados na asignación do Plambe para o presente curso 2020-21 para os seguintes fins:

 

-Adquisición dunha lámpada e dúas butacas de lectura pensando en crear un “recuncho de lectura” cando a pandemia o permita.

 

- Encargamos a un carpinteiro local unha “minicasa” co fin de crear, cando a pandemia o permita, un punto de intercambio de libros a xeito do do BookCrossing creado polo  estadounidense Ron Hornbaker. 

 

 

      

 

 

 

CARTELERÍA PLAMBE

 

 Visibilizamos os novos cartaces de Bibliotecas Escolares, adicados este

curso ás Xeografías Lectoras.

 

 

SINALIZACIÓN BIBLIOTECA

ESPAZO INCLUSIÓN

 

Asignamos un espazo individualizado á bibliografía relativa á INCLUSIÓN.

A consellería de Educación, dentro do Plan Lía de Bibiotecas Escolares, asignou ao centro unha partida económica para o chamado “desafío número 3”, A biblioteca inclusiva. Baixo este epígrafe preténdese dotar ás bibliotecas escolares dos recursos necesarios para atender de forma axeitada ao alumnado con necesidades educativas de apoio específico, ofrecéndolle oportunidades adaptadas e enriquecedoras para a adquisición e reforzo de habilidades e de competencias clave.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut