Skip to Content

Blog da biblioteca

LIBROS IGUALDADE E INCLUSIÓN

 

Continuando con noso desexo de fomentar a inclusión e a igualdade, incorporamos dous novos títulos á nosa sección de Literatura Feminista. Un deles é Cartas al señor A, da escritora polaca Anna Sakovicz, novela conmovedora e ao mesmo tempo chea de humor na que Anielka, a protagonista, lle envía cartas ao alzheimer para convencelo que que se aparte da súa avoa.

O segundo, Supremas. Mozas mitolóxicas, é un libro de Xan Eguía que selecciona para a mocidade as figuras mitolóxicas femininas máis destacadas -de onte e de hoxe- e os valores que as identifican, explicando, de paso, termos e conceptos como arquetipo, estereotipo, sororidade... de xeito sinxelo e ameno.

 

 

 

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO

 

Sumándonos a moitas outras iniciativas que leva a cabo o centro en prol da igualdade, colocamos na porta principal de acceso á bibloteca un fermoso cartaz coa lenda Espazo libre de machismo

 

DICIONARIOS LATÍN

 

A demanda do Departamento de Latín, adquirimos cinco dicionarios para as aulas co fin de repoñer os que xa estaban desgastados ou deteriorados.

 

 

CARTACES BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Melloramos a estética da nosa bibioteca enmarcando varios cartaces editados por Bibliotecas Escolares, situándoos  ao pé doutros xa colocados en cursos anteriores.

 

LETRAS GALEGAS 2021- Retrato Xela Arias

 

A instancias do EDL, a nosa compañeira do departamento de Debuxo, Chus Colmenero, deseñou un fermoso retrato de Xela Arias que enmarcamos e colgamos na parede da nosa biblioteca.  Grazas, Chus!

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- Certame Biblioteca Viejo Pancho

 A alumna do noso centro Marta Ortiz resultou gañadora do Certame que convoca a Biblioteca Viejo Pancho con motivo do Día das Letras Galegas  na modalidade de Narración na categoría de 12 a 16 anos. A entrega de premos tivo lugar no transcurso da Feira do Libro do concello de Ribadeo.

O tema proposto esta edición foi “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”. O seu traballo, premiado a nivel local, participará na fase provincial do Certame. No seguinte enlace podedes acceder á narración. Noraboa, Marta!

 

SEMPRE NO PRADO

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- Libros Xela Arias

 

Engadimos aos nosos fondos catro libros sobre a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas cedidos pola Deputación de Lugo.

 

DOAZÓNS: Un hombre que se parecía a Cunqueiro

  

A familia de José María Besteiro, recoñecido productor televisivo e xornalista nado en Riotorto (Lugo) agasallounos cun exemplar da súa obra Un hombre que se parecía a Cunqueiro,  imaxinativo achegamento á figura cunqueiriana, á que Besteiro está unido por uns lazos familiares que forman parte dos seus mitos da infancia, o que lle dá pé a mesturar nas súas páxinas detalles sobre o autor coa súa propia biografía. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021- MARCAPÁXINAS XELA ARIAS

En colaboración co EDL distribuímos entre a comunidade escolar un marcapáxinas sobre a autora sarriá elaborado pola RAG e un adhesivo deseñado pola profesora de debuxo Chus Colmenero.

 

 

 

ENCONTRO CON ESCRITORAS: María Reimóndez

 

O martes 4 de abril o alumnado de 1º de ESO asistiu a un encontro virtual coa escritora María Reimóndez, autora do libro A formiga destemida, que os rapaces leron para a asignatura de Lingua Galega e Literatura. Tras unha breve charla inicial  de María, a rapazada mantivo un coloquio coa autora facéndolle preguntas e plantexándolle as dúbidas que lle suscitou a lectura.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut