Skip to Content

Blog da biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PORTUGUÉS

Neste remate de curso parte do  alumnado de Portugués visitou a biblioteca coa súa profesora Dores Fernández, quen lles comentou os títulos dispoñibles na nosa sección de Literatura Portuguesa co fin de animalos a levalos emprestados como lecturas para o verán.

DOCUMENTAL XELA ARIAS

 A Deputación de Lugo agasallounos co documental en formato pen-drive Vencerse é cousa de se tratar, onde a directora Valeria Pereiras e o realizador David Mon indagan sobre a figura de Xela Arias. O filme pasa a formar parte da nosa sección de Audiovisuais.

Podemos velo no seguinte enlace:

 https://www.youtube.com/watch?v=DjABWdzeIAg

PREMIO CONCURSO XELA ARIAS BIBLIOTECA

 Xavier Tavares Galocha, de 1º de ESO, foi o gañador do Concurso sobre Xela Arias convocado pola biblioteca. A nosa noraboa ao premiado!

 

ENCONTROS PLAMBE 20-21

Os días 15 e 16 de abril tiveron lugar os Encontros PLAMBE 2021 na rede, aos que asistiu a coordinadora. Dende a nosa biblioteca valoramos moi positivamente tanto a organización dos encontros como o interese dos contidos e a calidade das relatoras e relatores. 

No seguinte enlace podedes acceder a eles:

 https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1487

 

NOVIDADES- O infinito nun xunco

A convocatoria das Xornadas Plambe 20-21, ás que asistiu a coordinadora da biblioteca, pecháronse coa intervención maxistral de Irene Vallejo Moreu, doutora en Filoloxía Clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia. Nas bibliotecas florentinas, rodeada de manuscritos, naceu o seu ensaio O infinito nun xunco, recoñecido con mútiples galardóns, entre eles o Premio Nacional de Ensaio 2020. Do disfrute do mesmo xorde o noso desexo de incorporalo á biblioteca e a encarecida recomendación desta lectura.

Como reza na súa contraportada “O infinito nun xunco”é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo [...] Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... “O infinito nun xunco”  é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela” 

No seguinte enlace podedes asistir á  intervención da  autora nos encontros:

 https://www.youtube.com/watch?v=zq0-_nIvbJU

   O prelo | O infinito nun xunco: vivirmos no relato - El Salto - Galiza

 

LIBROS ADICADOS

O IES Ribadeo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, despediu maio cunha actividade moi especial: unha charla coa atleta olímpica Nary Ly. A raíz dela, a nosa colección de libros adicados enriqueceuse con “La historia de Nary Ly: superviviente, científica y atleta olímpica ”,  impactante e inspirador testemuño persoal de loita fronte á adversidade, que indaga sobre como adquirimos coñecemento, motivación e habilidade para atopar saídas na vida.  Segue os pasos da vida dunha nena que resistiu os horrores do infame réxime dos “ jemeres vermellos” de Camboia e atopou refuxio en Francia, onde saíu adiante ata lograr o seu doutoramento; traballou como científica especialista en prevención de enfermidades infecciosas e - sendo a primeira muller desa nación do sueste asiático en logralo- correu a maratón olímpica.

     

PREMIO CERTAME DEBUXO

A nosa alumna Jimena Fernández- Reinante Pérez, de 1º de ESO recibiu o 2º premio da última convocatoria do Certame de debuxo infantil do Belén de Begonte, cuxa entrega fora aprazada por mor da pandemia. Noraboa á premiada!

EXPOSICIÓN XELA ARIAS

 

Entre o 31 de maio e o 4 de xuño temos no vestíbulo unha exposición sobre Xela Arias titulada Aquela nena de Sarria  creada e xestionada polo colectivo Egeria . Podedes visitala de xeito virtual no seguinte enlace:

 

 https://aquelanenadesarria.gal/gl

  

 

Letras Galegas 2021- CONCURSO XELA ARIAS BIBLIOTECA

  

Aproveitando a  exposición que temos no vestíbulo sobre Xela Arias titulada Aquela nena de Sarria, a Biblioteca convoca entre o luns 31 de maio o venres 4 de xuño un sinxelo concurso sobre a autora. Trátase de responder a un minicuestionario cuxas respostas se atoparán nos paneis da exposición. Unha vez cuberta, depositarase a papeleta nunha urna e entre os acertantes sortearase un premio o luns 7 de xuño durante o recreo.

 

Velaquí as bases:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut