Skip to Content

Info Point

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1959, as Nacións Unidas aprobaron unha Declaración dos Dereitos do Neno que incluía 10 principios. Pero non foi suficiente para protexer os dereitos da infancia porque, legalmente, esta Declaración non era vinculante. Por iso, en 1978, o Goberno de Polonia presentou ás Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos do Neno. 

Despois de 10 anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG e outras institucións, o 20 de novembro de 1989 aprobouse o texto definitivo da Convención sobre os Dereitos do Neno, cuxo cumprimento sería obrigatorio para todos os países que a ratificasen. iso.

A Convención sobre os Dereitos do Neno pasou a ser lei en 1990, tras ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe, a Convención xa foi aceptada por todos os países do mundo agás os Estados Unidos.

Quino e os Dereitos da Infancia

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA "Almudena Pulpeiro Peña"

O venres 19 de novembro levarase a cabo esta actividade proposta polos dptos. de Orientación e Filosofía consistente nun obradoiro de seguridade viaria impartido por STOP ACCIDENTES.

Jose Luís Pulpeiro e Inmaculada Peña (responsable da cafetería) estiveron dende o primeiro momento en contacto con STOP ACCIDENTES para poder realizar esta actividade no centro, xa que relataron nun pequeno diálogo de trompas a historia do fatídico accidente que sufriu a súa filla Almudena Pulpeiro Peña, para que a trataran no obradoiro e concienciar ao alumnado.

Unha redactora de TVE quedou conmovida ao coñecer esta historia e interesouse pola realización deste obradoiro. Contactou con STOP ACCIDENTES, coa familia de Almudena e co centro para poder gravar este obradoiro e emitilo no telediario desa fin de semana, dado que o día 21 de novembro celébrase o Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, unha efeméride proclamada oficialmente por la Asemblea Xeneral das Nacións Unidas (ONU).

A actividade consistirá nun obradoiro de seguridade viaria, a lectura de MIS TROMPIS. UNA SORPRENDENTE HISTORIA por parte de 4 alumnas do centro (Ángela Alcántara, Sara Sixto, Patricia Izquierdo e Elisa Otero) e unha pequena actuación de 6 membros da Banda de Música de Ribadeo (Almudena tocaba a trompa e pertencía á Banda de Música de Ribadeo).

 

Como ensinar Europa...?

Xoxe Venres 11 de novembro entre as 11 e as 13 horas profesorado de toda España unímonos virtual mente para falar da ensinanza de Europa nas aulas. Unha xornada interesante na que compañeiros e compañeiras de diferentes centros de España presentaron as súas actividades.

INICIATIVA CONJUNTA ORGANIZADA POR LOS CENTROS DE INFORMACIÓN EUROPE DIRECT DE: CAMPO DE GIBRALTAR, HUELVA, GRANADA, BAENA, ALBACETE, COMUNIDAD DE MADRID, BADAJOZ, BILBAO, ASTURIAS

Nos, o IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO, levamos ofertando como optativa de libre configuración "EUROPA COMO MATERIA", para 1º BACH, xunto a outras optativas de diversa temática. Nos últimos dous cursos a optatividade, o número de alumnado e tamén a xestión das modalidades de bacharelato e materias ofertadas, contribuiu a non ter o número suficiente de alumnado que marca a Lei. Tamén debemos ter en conta, que a materia ía asociada á posibilidade de realizar actividades de intercambio con institutos europeos (Alemaña nos derradeiros cursos, pero tamén mantemos contacto con centros de Italia, Noruega,...).

A pesar das limitacións do curriculo, e a pesar tamén de determinadas actitudes solipsistas no seno da sociedade educativa, o futuro do planeta se escribe en clave cosmopolita moi por enriba doutras problemáticas que, se ben son total e correctamente reivindicativas, deben ir da man desta visión conxunta da sociedade.

Desde esta perspectiva construimos o noso discurso, impartimos as nosas materias e participamos na vida cidadá. Que cada quen faga o seu máis coma nos facemos o noso menos.

CHARLA CON ACNUR: MULLERES E NENAS REFUXIADAS

Lembrade que hoxe 11 de novembro teremos a última charla do curso de ACNUR...

La temática, día y horario es el siguientes:
 

  • Jueves 11 de noviembre, de 18:00 a 19:00 h - Mujeres y niñas refugiadas: el trabajo de ACNUR en las emergencias humanitarias.

¿Sabías que las mujeres y las niñas son más de la mitad de la población refugiada? Los riesgos a los que se exponen durante y después de la huida las convierten a menudo en víctimas de abusos, de violencia sexual y de género. Hablaremos de ello, a partir de ejemplos de situaciones de emergencia.

¿Dónde se pueden ver las sesiones?  

La cita es a través de zoom: https://us06web.zoom.us/j/93192707765  o a través de nuestro canal oficial de  YouTube. 
   
¿Queréis enviarnos las preguntas por adelantado? 
 
Para conseguir que estas micro-charlas sean más dinámicas, nos encantaría que nos enviarais vuestras preguntas en formato video por adelantando o por escrito, o simplemente podéis escuchar las conversaciones el día que se retransmitan. Las cuestiones que enviéis pueden ser preguntas generales o sobre las temáticas que abordaremos a lo largo de las sesiones. 
 

¿Qué tenéis que hacer para enviarnos vuestras preguntas?
 

Grabad un video haciéndonos las preguntas o redactadlas. Podéis enviar las preguntas por adelantado a info@acnurlocofestival.org.
No os preocupéis si no podéis asistir a las charlas en directo, se subirá la grabación a posteriori a youtube.
 
Si os gustan las redes sociales, podéis subir vuestros videos a Instagram, taggeando nuestra cuenta oficial 
@eacnur y utilizando el hashtag #UNI4Refugees y/o #AtréveteaPreguntar.

Recuerda que las sesiones anteriores están accesibles en los siguientes enlaces: 
 

 

Charla de Felipe Trillo Alonso sobre "Estudar e aprender na Universidade"

Hoxe 8 de novembro, o alumnado de 2º BAC e algúns dos seus profesores e profesoras asistiron no salón de actos á charla de Felipe Trillo da Facultade de Cc da Educación da Universidade de Santiago de Compostela sobre "Estudar e aprender na Universidade".

Unha charla na que o ponente presentou as características dos estudantes, as expectativas, os intereses, os obxectivos,... e tamén unha parte da realidade estudantil e académica que lles servirá para entrar cun paso máis decidido na institución e no mundo universitario. Os claros e as sombras de esta opción foron desgranados de forma cercana e xovial polo profesor Trillo e estamos convencidos de que servirán como punto de partida dunha visión máis realista e tamén máis esperanzada dos seu futuro formativo.

O repaso dos valores que rodean o futuro novo estatus dos nosos alumnos e alumnas incluiu tamén a necesaria referencia á realidade europea que se lles abre de forma rotunda e que lles permitirá ampliar aínda máis o seu horizonte como estudantes.

Agardamos ler comentarios sobre o sucedido durante as dúas horas que durou a charla. Grazas profesor e ánimo a TODS.


CHARLAS CON ACNUR

Comezamos as actividades deste curso retomando a colaboración con ACNUR. A situación actual esixe unha contínua reflexión e concienciación de determinados problemas cos que debemos afrontar o futuro. Abrimos así un espazo das nosas vidas a coñecer circunstancias e situacións alleas que debemos ter en conta para valorar o que queremos construir como sociedade. Falaremos de todo esto!

CONFERENCIA SOBRE O FUTURO DE EUROPA

Un asunto prioritario na actualidade europea é a "Conferencia sobre o Futuro de Europa" (CoFE), unha iniciativa de democracia participativa posta en marcha polas institucións europeas que se sustenta nunha plataforma multilingüe en liña. No marco desta iniciativa organízanse diálogos e debates protagonizados pola ciudadanía. Así, persoas de toda Europa poden compartir as súas ideas e contribuír a configurar o noso futuro común.

Durante o mes de novembro teremos unha sesión informativa dirixida e coordinada por EUROPE DIRECT A CORUÑA e, froito desta sesión intentarase levar a cabo unha acción colaborativa entre os Centros Embaixadores do Parlamento Europeo para promover que os mozos e mozas participen na CoFE desde as súas aulas.

Queremos que o noso alumnado se integre na realidade europea e participe dos temas e das problemáticas que conformarán o seu futuro. Queremos preparalos para que contribúan como cidadáns e teñan voz e voto en todas as decisións que nos afecten.

FORMACIÓN INICIAL EPAS (Madrid 30 set-1 out)

A experiencia de formación sempre resulta positiva e o intercambio de ideas nutrirá, de seguro, a planificación do curso cos distintos grupos. O relato de boas prácticas, a información actualizada, os grupos de contacto,... Un bo traballo non se define só polos resultados senón tamén por todo aquelo que intentamos levar a cabo, todo aquelo no que nos implicamos e en todo aquelo que achegamos ao alumnado para a súa completa formación.

No noso día a día é ineludible falar de EUROPA e da necesaria interrelación entre países e persoas. Xa non podemos plantearmos un futuro exclusivista e illado e a idea de cosmopolitismo volve a aparecer no noso horizonte de forma máis rotunda. Contra todos os problemas que a sociedade poida vivir, a convivencia e a cooperación serán dous alicerces fundamentais para o noso definitivo progreso como Humanidade.

O IES RIBADEO DIONISIO GAMALLO quere vivir e facer partícipe ao seu alumnado desta idea de futuro e desta idea de educación que garante unha convivencia necesaria e pacífica entre os pobos. Aquí tedes algunhas fotos do traballo e dos grupos de EPAS de Galicia e de España. Bo curso para tods!!!

  

 

Comezamos....

Estamos xa cos motores en marcha. Este curso queremos mellorar moitas cousas, e temos algo de experiencia aprendida. Imos contar con máis embaixadores e embaixadoras e agardamos evolucionar na liña de valores marcada desde fai tempo. 

Para os recén chegados ou simplemente para todos aqueles que queirades saber algo máis sobre o noso proxecto, aquí tedes información sobre as ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Pronto teremos máis noticias e máis novidades para comunicarvos... Bo curso!!!

Caderniño de verano

A pesar de gozar dunhas merecidas vacacións non convén abandoar moito os quefaceres intelectuais, por iso propoñémosvos un pequeno refresco a modo de recordatorio sobre a Unión Europea. Só para demostrar que somos capaces de lembrar os conceptos e contidos básicos sobre os que traballamos durante o curso, e sobre os que volveremos a traballar no seguinte. Seguide os nosos pasos, os nosos chíos e as nosas noticias, porque teremos cousas que contar. Bo descanso!!!

Twiter cosmopolitas1

Distribuir contido


by Dr. Radut