Como cada ano, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha actividade para celebrar o 14 de febreiro, día dos namorados. Trátase de que o alumnado recupere, aínda que só sexa por un día, o vello hábito de escribir cartas en papel, de que manifeste os seus sentimentos de amor, amizade ou afecto, e de que o faga en galego.
A iniciativa, que se vén propoñendo desde hai varios cursos, ten sempre moi boa acollida entre o alumnado. Como hai moitas cartas que clasificar e repartir, o propio alumnado colabora nesta tarefa, como se pode ver nas seguintes imaxes: