Skip to Content

Info Point

AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

No DOG deste luns 31 de xaneiro sae publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Estas axudas competen ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e hai un prazo de un mes para presentar a documentación. 

Nº de prazas: 525. (Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O procedemento de axuda debe ser realizada desde o seguinte enlace: 

ORDE do 11 de xaneiro de 2022

Unha posibilidade de  achegarse á realidade educativa europea e unha inmersión lingüística nalgunha das linguas dos nosos veciños. Se necesitades información podedes acudir ao profesorado responsable e no departamento de Orientación do centro.

PROXECTO TAEUS

Comezamos o 2022 con proxectos divulgativos e conmemoracións. Estase valorando a posible participación nunha oferta educativa posta en valor a través da colaboración con EUROPE DIRECT A Coruña: O proxecto TAEUS.

Este proxecto TAEUS (Take a walk on the EU side) ten como obxectivo dar a coñecer os fondos europeos e a política de cohesión da UE entre a xuventude. Tamén intenta promover a investigación de campo e o seguimento cívico da xuventude sobre os fondos empregados na súa comunidade local, e preténde ensinarlles a empregar as ferramentas dixitais precisas para recoller e analizar datos, así coma difundir o seu traballo de investigación. De xeito transversal, o proyecto busca fomentar o trabajo en equipo a través de dinámicas grupais que lles axude a alcanzar os anteriores obxetivos.

O proyecto vaise desenvolver de forma asíncrona e en liña a través dun curso MOOC con contidos e materiais didácticos e teórico-prácticos creados pola equipo INGALICIA e que está dirixido tanto ao profesorado como ao alumnado. O MOOC servirá para aprender e traballar sobre os contidos, e para levar a cabo a investigación e o seguimento cívico dos fondos en temas que eles e elas escollerán investigar, en liña coas prioridades da Política de Cohesión (transición ecolóxica, desenvolvemento de pymes, Europa máis conectada e intelixente...). 

A ver se podemos implicar un par de cursos nestas andainas comunitarias e logramos recuperar o noso lugar como centro europeo....!

 

 

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO 2022

No curso 2009-2010 fixemos unha tarxeta de Nadal sobre a que agora actualizamos os bos desexos.... Que o pasedes ben nestas entrañables festas, e que o 2002 entre moi saudable e positivo para todos....

SESIÓN INTERNACIONAL CO PARLAMENTO EUROPEO

Hoxe 10 de decembro, cando se cumpren 73 anos da promulgación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o noso centro participou nun evento que reuniu máis de 2000 alumnos e alumnas de 77 escolas de 22 países europeos nunha nova xornada de EUROSCOLA auspiciada polo Parlamento Europeo.

3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. En torno a esta data traballaremos con diferentes recursos que ampliarán o noso coñecemento sobre as persoas do noso redor.

Con EUROPE DIRECT LUGO, comezaremos o xoves 2 de decembro ás 14:00 horas, nun programa no que estará o director de cine Roberto Pérez Toledo e Marta Fuentes, Directora de proxectos de Ayudame 3D, poderedes seguilo en directo neste enlace de youtube

Nas materias de Filosofía traballamos tamén no 38 Concurso Educativo da ONCE, porque debemos traballar unidos pola inclusión e converter ao alumnado en axentes de cambio, animándoo a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna. Porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade. Este ano, baixo o lema "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS", propóñennos pasar da sensibilización á acción, a través dunha proposta pedagoxicamente actual e atractiva,....

Tamén poderemos achegarmos á realidade do mundo da discapacidade a través da páxina da ONU onde atoparemos información sobre o empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sostible, como se pedía na Axenda 2030 para el Desenvolvemento Sostible, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

E se aínda queremos ampliar información sobre este tema podedes entrar na información que a representación en España da Comisión europea pon á nosa disposición no seguinte enlace..

«A medida que o mundo se recupera da pandemia, debemos asegurarnos de que as aspiracións e os dereitos das persoas con discapacidade se inclúan e se teñan en conta nun mundo pos-COVID-19 que sexa inclusivo, accesible e sostible. Esta visión só se logrará se se consulta activamente ás persoas con discapacidade e ás organizacións que as representan.»

António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas

 

Science en directo e en versión orixinal

Xoxe venres 26 de novembro fixemos unha conexión en directo na Sesión de Clausura do programa Science is Wonderful!,ao que invitamos ao profesorado de Ciencias e ao alumnado que tiña clase durante esa franxa de tempo, pero, lamentablemente para todos nos, a Sesión nin se traducía nin se subtitulaba, e non puidemos aproveitar a conexión... Queda pendente para o vindeiro curso, a ver se melloramos a fala inglesa e podemos asistir de novo a estes eventos con plena comprensión.

Quedan os videos, direccións, contactos,... con científicos de toda Europa para retomar os temas de actualidade e de futuro. Ata entonces, por aquíseguiremos!

 

25N... Unha data obrigada

De entre todas as datas significativas do mes de novembro o 25N segue a ser unha das máis infamantes para o ser humano. Certo que toda a Historia da Humanidade está pragada de actos violentos, e que a agresividade forma parte da nosa natureza e intervén como mecanismo de defensa para a supervivencia, pero todas estas realidades e características do ser humano non xustifican, NON poden xustificar, a situación que estamos vivindo. A evolución do ser humano é irrenunciable, e o perfil de progreso das sociedades entra en conflito con estes crimes que se seguen sucedendo ao noso redor.

Son moitas as actividades e os actos programados para este Día, son moitos os enlaces e as páxinas suxeridas para educar no respecto, na igualdade, na aceptación do diverso,... e nos queremos sumarmos a estas colaboracións cun video que resume o traballo de moitos cursos anteriores... Fai tempo xa, un pequeno grupo de alumnas de Filosofía e embaixadoras do Parlamento Europeo, decidiron aportar un pouco do seu traballo na sensibilización e na difusión do porque desta data,... non podemos deixar pasar de lembralo, repetilo e mostralo,... 

 

SCIENCE IS WONDERFUL!

Estamos rexistrados nesta actividade na que o alumnado toma contacto coa Ciencia actual a través das charlas con científicos de diversas nacións europeas e de diversas institucións, e tamén a través de videos e actividades que podemos descargar e consultar en calquera momento.

SCIENCE IS WONDERFUL!

O VENRES 26 de 11 a 12 horas participaremos na Sesión de clausura deste programa, e invitamos a todo o profesorado interesado e que teña clase nesa franxa horaria a estar presente no acto.

Ofrecer posibilidades de conexión, información e actualización forma parte da liña educativa que como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO intentamos manter cada curso. Agardamos que estas iniciativas sexan aproveitadas tanto polo profesorado como polo alumnado do noso centro para acadar unha formación actualizada como corresponde á escola do século XXI. Xa nos contaredes...!

EUROSCOLA Online 10th December 2021

O vindeiro 10 de decembro de 9:30 a 11:30 alumnado seleccionado entre os e as embaixadoras do Parlamento Europeo participarán no programa Euroscola Online, que estará dedicado ao tema “Transformación dixital: cal é a túa visión da época dixital?

Durante este evento o alumnado aprenderá acerca do Parlamento Europeo e poderán facer preguntas aos ponentes, que serán un Vice-Presidente do Parlamento Europeo e un experto, mediante chat en directo ou falando a través de vídeo en streaming. Adxuntamos o programa completo.

Para poder participar en esta actividade é IMPRESCINDIBLE que cada alumno/a acceda ao seguinte enlace:

 

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola101221

A nai/pai ou titor/a legal deberá cubrir os datos solicitados e engadir un correo para confirmar que a súa participación quedou rexistrada. Este enlace debe ser cuberto ANTES DO 23 DE NOVEMBRO). Dita confirmación será entregada no centro. 

O evento será traducido ás seguintes linguas: inglés, francés, alemán, español, italiano e polaco.

 


 


 

Each school is invited to send us in advance one QUESTION on one of the three following topics:

1)      Cyber security threats and data protection,

2)      Disinformation and fake news

3)      Digital addiction

This can be done by simply recording  a short video (30 seconds maximum) in a horizontal format, with your mobile phone.

All videos must be accompanied by a clear transcript of the question and then sent by teachers to our email address: epstrasbourg-euroscola@europarl.europa.euby 26th November 2021.

Any videos submitted after this date will not be accepted.

Don't forget to follow us on our Facebook & Instagram accounts for all the latest updates on Euroscola and encourage the students to share their ideas on Youth ideas platform https://www.youthideas.eu/ , where you can also find useful resources to prepare for the event.

21 NOV - DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍTIMAS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO

O venres 19 de novembro realizamos unha actividade de EDUCACIÓN VIAL a partir da hora do recreo e que dividimos en tres partes: un obradoiro coordinado por voluntarias da ONG STOP Accidentes, unha interpretación musical de integrantes da Banda Municipal de Música de Ribadeo, e unha lectura do diálogo MIS TROMPIS, no que Luis Pulpeiro (o pai de Almudena) relata o fatídico accidente que sufriu a súa filla e co que pretende lembrar e sensibilizar sobre a responsabilidade, o risco, as consecuencias e a importancia que a mobilidade e os medios dos que dispoñemos na sociedade teñen nas nosas vidas, e para que os utilicemos con plena conciencia.

Interpretación musical (en la páx. de STOP Accidentes) a cargo de membros da Banda Municipal de Música de Ribadeo.

Contamos coa presenza das cámaras de reporteiras de TVE1 que gravaron toda a nosa aprendizaxe e ademais mantiveron unha longa charla con Inmaculada e Luis, nai e o pai de Almudena. O domingo 21 nos telediarios das 3 da tarde e das 9 da noite fixéronse eco destas lembranzas e de estas aprendizaxes. Relatos dunha fatídica e tráxica experiencia que non esqueceremos nas nosas vidas, pero  tamén unha lección de responsabilidad duns pais que queren que a súa desgracia se traduza en prudencia, atención e respecto ás normas de circulación e ao perigo que supón a mobilidade nas carrreteras.

TVE1 Día de las víctimas de accidentes de tráfico 15:00horas (21 nov)

TVE1 Día de las víctimas de accidentes de tráfico 21:00horas (21 nov. Desde min. 27 ao min. 29,28)

El Progreso (25 nov)

CADENA COPE (24/11/21)

La Voz de Galicia (24/11/21)

TVG Fun polo aire (3/12/21 Programa 654, 21:24)

    

Distribuir contido


by Dr. Radut