Skip to Content

Comité Lila

Pensa, fálao. Vive!

1º Congreso de igualdade

O pasado sábado 6 de outubro, a profesora Teresa González Piñeiroa, acompañada dunha alumna e dun alumno do Comité Lila: Irene Logares Carbajales e Pablo Fernández Díaz, e tamén da que foi alumna do centro, María Cando Cruña, participaron no I Congreso de Igualdade organizado polo Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.

Entre outras participacións, estiveron representadas as experiencias do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ("Experiencias en prol da igualdade real entre mulleres e homes".Intervención do Comité Lila a cargo de Teresa González Piñeiroa), do IES Sánchez Cantón, IES Frei Martín Sarmiento, IES A Xunqueira I, CIFP A Xunqueira, IES As Calasancias, IES Luis Seoane e IES Torrente Ballester.   

                                                                                                                        Mais fotografías

 

Encontro con Montse Fajardo

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Montse Fajardo.

                                                                                                                Ver mais

Encontro con Eva Mejuto

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Eva Mejuto.

 

 

Comité lila: Eu paro!. Eu apoio!

Este vídeo foi elaborado polo Comité Lila co obxectivo de informar sobre a folga internacional de mulleres convocadas para o 8 de marzo. Pretende tamén sensibilizar sobre a situación das mulleres e reivindicar os seus dereitos. A música é de As Punkdereiteiras e As Punkiereiteiras coa colaboración de Tamborililás batukada feminista e dentro da plataforma feminista Galegas 8m.

Comité lila: O mundo para!

Este vídeo foi elaborado polo Comité Lila para informar sobre a folga internacional de mulleres convocada para o 8 de marzo

Certame de postais de nadal "Pinta con luz feminista"

As gañadoras do certame foron Lara Pérez Veleiro, de 1º da ESO e Noa Castiñeiras Sánchez de 1º de Bacharelato

     

 

Aproveitamos esta iniciativa para desexarvos

BO NADAL

Mellores, non maiores

O comité lila conmemora o 25 de novembro de 2017. 

 

8 de marzo: homenaxe a Maruxa Mallo

Celebramos o 8 de marzo coa proxección dun vídeo sobre Maruxa Mallo.

 

Encontro con María Reimóndez

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a un encontro literario con María Reimóndez para falar de dúas das súas obras: Usha e Volvo! O regreso de Usha. Tocáronse temas como a riqueza da diversidade cultural e lingüística, o feminismo, o mundo do libro ou a tarefa de escribir obras literarias. O estudantado participou activamente formulando preguntas dunha forma moi dinámica.

[MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA]

 

Distribuir contido


by Dr. Radut