Skip to Content

Dinamización lingüística

Calendario literario

O Equipo de dinamización lingüística promoveu a elaboración dun calendario literario, no que se implicaron as alumnas Izadora Cardoso, Amaia López, Aicha Rajouani e Xiana Suárez, que cursan Literatura galega e sociedade, materia de libre configuración de centro que se imparte en 2º de BAC.

O calendario de sobremesa inclúe en cada mes un fragmento literario relacionado con algún lugar de Ribadeo, acompañado por unha foto dese lugar. Na portada publícase un acróstico inédito de Otero Pedrayo dedicado a Dionisio Gamallo, que se conservaba no arquivo familiar de Gamallo, facilitado polos herdeiros do polígrafo ribadense.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo fíxose cargo dos gastos de edición.

Premendo aquí, pódese acceder ao calendario completo en pdf.

Nove nomes

O alumnado de Literatura galega e sociedade, materia de libre confuguración de centro en 2º de BAC, realizou un vídeo sobre as rúas de Ribadeo que levan nomes de autores da literatura galega ou de persoeiros destacados na defensa do noso idioma. Pode verse no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=SbvJd_VENqE

 

CERTAME BIBLIOTECA VIEJO PANCHO XUÑO 2019

No Certame de narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2019" (fase local), da Biblioteca Pública Municipal "El viejo Pancho", resultaron premiadas tres alumnas do noso centro. A entrega de premios tivo lugar o venres, 7 de xuño, ás 18:00 h na Biblioteca. Parabéns para Marta, María e Violeta!

NARRACIÓN (Categoría C, 12 a 16 anos):

"Fóra de tempo". Marta Ortiz González (3ºESO C)

DEBUXO (Categoría C, 12 a 16 anos):

María Castro Pardo (4ºESO A)

 Violeta Carrero Isla (4ºESO A)

 

 

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS

 O xoves 6 de xuño de 2019 visitaron o instituto os futuros alumnos dos centros adscritos. Acompañados por alumnado de ESO, percorreron as distintas dependencias do centro. Entre elas, a biblioteca, onde os recibiu e lles entregou uns agasallos de benvida Suso Fenández Acevedo, membro do Equipo da Biblioteca e coordinador do EDL.

 

Literatura galega maridada

 

Cada vez é máis frecuente o diálogo entre a literatura e outras artes. Velaquí un pequeno catálogo, elaborado polo alumnado de Literatura galega e sociedade e coordinado polo EDL, de obras onde a literatura galega se relaciona con outras disciplinas (cómic, grafitti, fotografía, música, cine...). 
Pica na imaxe para ver o catálogo
 

Relacións entre a cultura galega e a alemá

Tendo en conta que se organiza desde hai anos un intercambio cun centro alemán, o Equipo de dinamización lingüística promoveu a elaboración dun vídeo sobre as relacións entre a cultura galega e a alemá.
Gravaron os audios Carolina Bouso (2º de ESO), e Xiana Suárez, Eva Luyufeng, Amaia López, Saleta Martínez e Ángel Yáñez (1º de BAC). Blanca Sánchez, profesora da EOI de Ribadeo, encargouse da subtitulación ó alemán e colaborou Manel Yáñez, coordinador do proxecto Erasmus+.
 

Roteiro literario

 

 

O día 20 de xuño realizamos un itinerario guiado por varios puntos de Ribadeo relacionados con escritores. Participou o alumnado de 2º de ESO A. Ademais das explicacións que se foron dando ó longo do roteiro, cada alumno recibiu un caderniño con información básica sobre cada un dos personaxes.

Organizou a actividade o Equipo de Dinamización Lingüística.

Antón Fraguas. Unha epopea vital.

Ademais doutras iniciativas, traballamos sobre a figura de Antón Fraguas utilizando o caderno Antón Fraguas. Unha epopea vital e a correspondente unidade didáctica, dos que a Excma. Deputación de Lugo enviou un exemplar para cada alumno/a.

Nas imaxes, alumnado de 2º de ESO utilizando estes recursos.

 

Marcador de lectura Antón Fraguas

 

 
 
Marco Tripiana, alumno de 2º de ESO, deseñou un marcador de lectura alusivo á figura de Antón Fraguas, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
 
 
Promoveu a iniciativa o Equipo de dinamización lingüística.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 .

Viaxe a Santiago: Museo do Pobo Galego e Cidade da Cultura

Co gallo do Día das Letras Galegas, o departamento de Lingua galega e literatura, en colaboración co EDL e o equipo da biblioteca, organizou unha viaxe a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego, do cal Antón Fraguas foi Director, e a Cidade da Cultura. Asistiu o alumnado de 2º de ESO.

      

 

 

 

 

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut