Cathia Capelán Díaz , do Departamento de Lingua Portuguesa, deseñou a actividade “Peça a peça” para 4º da ESO e púxoa en práctica o pasado 20 de novembro. Trátase dun xogo cooperativo e dinámico no que o alumnado fai parte activa da biblioteca e aprende ao mesmo tempo.
Dinámica:
• Consiste en completar un puzzle obtendo previamente as diferentes pezas que o compoñen.(O puzzle realizouse utlizando un cartaz de Plambe sobre as Bibliotecas Escolares)
• A profesora realizou previamente unha selección de libros da literatura galega e portuguesa e colocou as diferentes pezas agochadas nas súas páxinas.
• Tras atopar os libros, aos que se chega a través dunha serie de pistas, o alumnado recompilou todas as pezas e completou o puzzle.
Obxectivos:
• Coñecer as diferentes seccións en que está distribuída a biblioteca: hemeroteca, linguas (galego, portugués…), sociolinguística…
• Identificala cun lugar para aprender dun xeito divertido e para descubrir magníficas obras literarias.
• Empregar as TAC (tecnoloxias da aprendizaxe e do coñecemento) para a súa investigación inicial inicial nos ordenadores da biblioteca.
• Perfeccionar o seu nivel en lingua portuguesa e aprender novo vocabulario coa resolución das pistas e a posterior lectura e escrita selectiva dalgún fragmento dos libros.