O alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º de ESO colaborou no proxecto Marzo en lila, do concello de Ribadeo. Coordinaron a actividade as profesoras Paula Alvite e Chus Colmenero.
O seu traballo, que forma parte do Proxecto Terra do departamento de debuxo, expúxose no auditorio municipal Hernán Naval o domingo, 17 de maio, coincidindo coa representación teatral "As do peixe".
"Empregando a xeometría, o alumnado crea un xeito de arquitectura móbil co superpposición ou aliñación do hexaedro, consolidado o sólido platónico que representa a terra coa súa inevitable vinvulación co feminino, seis caras cadradas con seis cores cada unha: as tres primarias e tres secundarias, cores ás que nos vinulamos emocionalmente. Mulleres galegas, loitadoras e libres transitan cada cara do hexaedro, cada cadrado que simboliza o humano e, polo tanto, os límites do mesmo. Dualidade coa que non nos queda outra que convivir, pero tamén superar.
O observador pode manipular a obra de xeito que modifique a súa forma, estrutura, máis ou menos estable, que predominen unhas cores sobre outras facéndose máis ausente ou presente, dalgún xeito, esa muller que avanza inevitablemente..."
MÁIS IMAXES