Skip to Content

Lingua galega e literatura

PREMIOS CERTAME BIBLIOTECA

O alumnado do noso centro resultou premiado no certame que a Biblioteca Municipal de Ribadeo convocou con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. En concreto, lograron os seguintes premios:

Uxía Fernández Vázquez: 1º premio na categoría C da modalidade de narrativa. [TEXTO]

 

 

 

Sendeirismo polo concello de Trabada

18 maio, 16

As profesoras Teresa González Piñeiroa e Beatriz González Fernández acompañaron un grupo de estudantes de 4º de ESO nunha ruta de sendeirismo polo concello de Trabada. De paso, realizaron unha visita ó museo etnográfico de Pepe Rocha.       [MÁIS IMAXES]

conTextos: O Xardín (Ribadeo) e "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras

Estela, Alberto e Alicia, de 2º de ESO, explícannos neste vídeo as circunstancias que inspiraron o poema "As pozas demoradas", de Xavier Rodríguez Baixeras, que ten moita relación co noso instituto.

 

24 de febreiro: Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Queda aquí como homenaxe a recreación que Irene Sánchez Sixto, de 2º de ESO, fixo do poema "A xustiza pola man":

Se premes na imaxe podes oír este poema versionado por Nao. 

PREMIO POESÍA NADAL

A alumna Alicia Asensio Bande, de 2º de ESO, que resultara gañadora na súa categoría na fase local do certame de poesía de Nadal, convocado pola biblioteca municipal "El Viejo Pancho" obtivo o 2º premio na mesma categoría da fase provincial, competindo cos premiados na fase local do resto das bibliotecas públicas da provincia de Lugo.

Parabéns!

O inverno na biblioteca

Estamos no inverno e na biblioteca temos unha exposición de libros que teñen algún tipo de relación con esta época. É un xeito máis de animar á lectura. Coordinou a iniciativa a profesora Susana Díaz Orol.

 

Realidade

Realidade é un videopoema elaborado por María Cando e Clara Maseda, alumnas de 4º de ESO. Promoveu a actividade a profesora Susana Díaz Orol, do departamento de galego.

 

 

Premio no XIII Concurso de Contos ASPAMITE

A alumna Estela Bravo Montero, de 1º de ESO, obtivo o 3º premio no Certame de Contos ASPAMITE (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual do Concello de Teo) polo seu traballo "O reto".

Parabéns!

Dinamización Lingüística

Podes ver algunhas das nosas actividades no apartado correspondente ó EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Distribuir contido


by Dr. Radut