Skip to Content

Orientación

Laretas de igualdade.

O pasado xoves, 14 de abril, entregáronse os premios ao mellor anuncio publicitario non sexista, dentro do programa Laretas da igualdade, organizado polo CIM do Concello de Ribadeo. O xurado profesional concedeu o premio ao vídeo Quítate a venda, realizado por alumnado do noso centro: Uxía Fernández Díaz, Nuria Fernández Fanego, Celia Gasalla Sánchez, Sonia García Rodríguez e María Asunción Sánchez Alonso, de 4º de ESO.

O premio do xurado popular concedéuselle ao vídeo Día da nai, elaborado tamén por alumnado do instituto: Inés Canto González, Clara García Pulpeiro e Youssef Selouane El Khiari, de 3º de ESO

Alumnado axudante

O alumnado axudante asistiu a unhas xornadas de formación impartida por especialistas da empresa "Alicce". Organizou a actividade Raquel Vijande, de departamento de orientación.
Velaquí unha imaxes dese evento:

Laretas de igualdade

O alumnado da ESO o noso centro está participando no programa "Laretas de igualdade", promovido polo CIM de Ribadeo. Trátase dunha iniciativa orientada ó fomento da igualdade e á prevención da violencia de xénero entre o alumnado a través da posta en valor da aprendizase, da creatividade individual e grupal e da comunicación social.

 

Acollida do novo alumnado

O día 3 de xuño tivo lugar o acto de acollida do alumnado de 6º dos colexios adscritos, que vai vir para o centro o próximo curso.

A xornada comezou cunha xuntanza no salón de actos, onde o noso alumnado  axudante de 1º de ESO lles transmitiu unhas primeiras impresións sobre o instituto. 

Posteriormente, organizáronse en grupos e visitaron as distintas dependencias do centro (aulas, biblioteca, ximnasio, laboratorios, oficinas, ...), guiados polo noso alumnado, que lles ía dando as explicacións oportunas. A visita rematou cunha nova xuntanza, desta vez no patio, para xogar un pouco.

Esperamos que o alumnado de 6º marchase contento para os colexios e que o próximo curso veñan con agrado e ánimo para traballar e aprender.

Marcadores de lectura

Andrea Díaz Andreu, María López Fernández e Andrea Rodríguez López, alumnas de 1º de ESO, deseñaron uns marcadores de lectura para a acollida do alumnado de 6º de primaria que virá o próximo curso para o instituto. Promoveu a iniciativa Raquel Vijande, orientadora do centro.

Graciñas polo esforzo. Ben bonitos quedaron!

 

Visita ó "Centro de Formación para o Consumo" da Veiga.

O mércores 22 e o xoves 23 de abril, o alumnado de 3º de ESO A e B, 3º de PDC, 4º de PDC e o alumnado de Plástica de 4º de ESO, visitou o Centro de Formación para o Consumo da Veiga (Asturias).

Cada día, o alumnado dividiuse en dous grupos, para facer distintos obradorios: gravación dun anuncio de televisión, ecoconsumo e "coñecendo a publicidade".

Ademais fixemos a "Senda das doce Pontes". A Veiga é unha vila atravesada por dous ríos, o Suarón e o Monjardín e entre os dous ríos hai 12 pontes. En cada unha delas hai, ou debería haber, unha obra de arte contemporánea. Entre a primeira e a última obra de arte hai unha senda, que recorremos, fixándonos en que consistía cada obra e quen era o seu autor ou autora.

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS IMAXES

Caderno de orientación 14-15 (2ª de bacharelato)

                               Preme na imaxe para ver o caderno en issu

Versión en pdf para descargarCaderno de orientación académica

 

 

Probas de acceso a ciclos (grao medio e superior) 2015

                               

Acaba de facerse pública a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Podes acceder á información premendo neste enlace.

ENLACES DE INTERESE

Distribuir contido


by Dr. Radut