Skip to Content

Varios

ACTIVIDADES AULAS PORTUGUÉS XORNAL NÓS

A nosa biblioteca está subscrita a varias publicacións, entre elas, o xornal Nós. A profesora de Lingua Portuguesa Dores Fernández Abel incorporouno de xeito cotián ao traballo nas súas aulas, aproveitando todas as posibilidades que ofrece.

 

 

RECITAL POÉTICO-MUSICAL DÍA DO LIBRO

O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora de Música María Ron a Biblioteca (cuxo equipo axudou a seleccionar os textos lidos)  foi escenario dun recital poético. O alumnado de 3º e 4º de ESO leu poemas nas distintas linguas do alumnado do centro con acompañamento musical en vivo e unha proxección audiovisual de fondo. O obxectivo, máis alá da mera celebración, foi o fomento da muliticulturalidade e a integración do alumnado de variadas orixes. Escoitamos textos en italiano, portugués, inglés, galego, castelán, alemán, catalán, chinés e árabe.

 

 

ACTIVIDADE PERSONAXES LITERARIOS DÍA DO LIBRO

O venres 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, por iniciativa da profesora do Dto de Lingua e Literatura Castelá Rosa Paz, disfrutamos da posibilidade de ver ao noso alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO convertido en diferentes  personaxes da literatura universal que decidiron abandonar as páxinas dos libros para visitarnos e contarnos a súa historia desde unha perspectiva de xénero, igualitaria e diversa.

A blblioteca colaborou seleccionando  as obras correspondentes que acompañaban o atrezzo. 

Durante o acto, cada participante foi presentado cun breve texto alusivo ao libro ou ben cun fragmento do mesmo. A actividade incluiu tamén unha breve representación teatral da obra de Lorca A casa de Bernarda Alba. Noraboa a tod@s os participantes e á profesora organizadora ! Podemos ver un resume do acto no enlace

https://www.youtube.com/watch?v=Bh86O_eBGGA

 

 

SINALIZACIÓN DA BIBLIOTECA

 

Renovamos a sinalización da biblioteca con 4 novos indicadores de itinerario situados en distintos lugares do instituto.

 

 

 

LIBROS SECCIÓN “EUROPA”

Incorpóranse á nosa Biblioteca varias novidades que pasan a formar parte da sección Europa. Podemos velas na seguinte fotografía:

 

XOGO “TRIBO”, UNHA BARALLA POLA IGUALDADE

 

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo cedeu á biblioteca un exemplar do xogo de cartas “Tribo”, onde as protagonistas son mulleres senlleiras de todas as nacionalidades. A iniciativa parte do proxecto “Quero ser coma…”, que naceu coa finalidade de visibilizar as mulleres e os seus logros ao longo da historia, moitas veces ocultos ou silenciados. Colaborou na iniciativa o alumnado de 3º e 4º de ESO de Educación Plástica coordinado por Chus Colmenero e o alumnado de Coeducación, coordinado por Teresa González.

 

 

CALENDARIO DE ADVENTO

 

Queremos facernos eco dunha fermosa iniciativa desenvolvida dentro do programa europeo Naple Sister Libraries polas Bibliotecas Municipais asturianas de Castropol e Vega-La Camocha irmanadas con dúas bibliotecas croatas. Trátase dun calendario de advento moi cinematográfico onde cada día está asociado a unha película. Podes acceder a el premendo na imaxe. Iso si: debes agardar a que chegue o día correspondente para desvelar a sorpresa que agocha.

 

SUBSCRICIÓN AO XORNAL “O PAPAGAIO”

Subscribímonos ao xornal O PAPAGAIO, tamén na súa EDICIÓN DIXITAL, pensando non só nun posible confinamento que oxalá non chegue, senón tamen na posibilidade de utilizalo nas aulas ou de acceder a el dende calquera dispositivo.

 

É un xornal para a xente nova ,impreso en papel reciclado e a cor, sen publicidade e con  periodicidade mensual. Ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura… Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. O obxectivo é que o alumnado se interese pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras disciplinas, dunha forma amena e divertida.

 

Para acceder a el preme na imaxe inferior e sigue as seguintes instrucións:

                          1. Preme na parte inferior en "Inicia a sesión aquí"

                         2. Escolle "Iniciar sesión con Google

                         3. Escolle "Iniciar sesión co teu e-mail"

                         4. Introduce os seguintes datos

                           E-MAIL: ies.ribadeo@edu.xunta.es

                       CONTRASINAL: opapagaio

  

 

VISIBILIZACIÓN DA SECCIÓN DE BANDA DESEÑADA

 

Visibilizamos a sección de Banda Deseñada a través da colocación dun mural de vinilo no lateral do moble que a acolle. Trátase dun deseño personalizado no que intentamos dar cabida a autores e personaxes de relevancia mundial no mundo do cómic (Astérix e Obélix, Tintin, Mafalda) así coma a autores galegos e/ou ribadenses (Luís Davila, Miguelanxo Prado, Suso Peña) Tamén quixemos darlle especial relevancia á muller: está presente a través da inefable Mafalda, das “mulleres bravas” de Davila e de Sara, a protagonista de Trazo de tiza, De Miguelanxo Prado.

 

ENCONTROS CON ESCRITORAS

O pasado trimestre parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro coa escritora Maria José Carvalho Areal na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira . Tralo mesmo,a autora cedeu amablemente varios volumes do seu último libro Carro vermelho para o IES de Ribadeo e adicounos un dos exemplares.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut