Skip to Content

Info Point

Representación de 2º BAC B en Madrid

4 alumnos de 2º BAC B do noso centro nos representan no CONCURSO......Faltan 10 minutos para o inicio e xa os temos concentrados e dispostos a dalo todo nesta proba que enfronta a alumnado de todas as provincias españolas... Ánimo! Seguiremos informando!

   

Sesión final EUROSCOLA 26 abril 2024

Unha vez máis funos invitados a participar on line en EUROSCOLA, nesta ocasión co tema “PROTECTING DEMOCRACY AND FUNDAMENTAL RIGHTS IN EUROPE”, e que se desenvolverá a mañá do 26 de abril entre as 10:00 e as 12:30, con arreglo ao seguinte programa:

Esta parte xa a sabedes: necesitamos que vos rexistredes, tanto alumnado como profesorado. Debe constar...

In order to validate the participation of all students, we kindly ask you to send this registration form to your students' parents via the following link: 

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola260424

We would appreciate if each and every participant, both students and teachers, could complete the registration form as soon as possible.

In the image right form, please mention Visitors and Citizens Liaison Unit – Strasbourg regarding "Unit and person in charge of data processing (the data controller)". 

XUNTANZA ESCOLAS EMBAIXADORAS LUGO 25 abril

O vindeiro próximo xoves 25 de abril as ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO da provincia teremos unha xuntanza en Lugo na sede de EUROPE DIRECT LUGO.

En colaboración coas Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo (EPAS) da provincia de Lugo: IES Monte Castelo, FEC San José e CPR Plurilingüe Divino Maestro de Lugo e a Escola Mentora IES Dionisio Gamallo, proponse unha actividade conxunta para loitar contra os falsos mitos e a desinformación. en toda a UE, ao tempo que proporciona información e arroxa luz sobre as institucións, políticas e prioridades de acción europeas da Unión. Deste xeito, o alumnado de cada centro educativo realizará unha enquisa sobre temas de actualidade e interese xeral entre a poboación local para descubrir as falsas crenzas e os aspectos máis descoñecidos para a cidadanía, para que, unha vez realizado o traballo de campo, , compartiranse as conclusións extraídas e celebrarase unha conferencia baixo o título “Europa responde: noticias falsas e desinformación” aberta ao público á que asistirán un ou varios relatores expertos na materia e con amplos coñecementos sobre a UE. resolvendo as diferentes cuestións que xurdan, ao tempo que se anima aos asistentes a participar nas eleccións europeas de 2024.

Tamén aprobaremos as bases para un concurso de carteis do 9 de MAIO, DÍA DE EUROPA, que será utilizado en todas as publicacións da provincia con ese motivo, e do que informaremos puntualmente.

SEMANA EUROPEA DA XUVENTUDE

Do 12 ao 19 de abril celebramos a Semana Europea da Xuventude, e dentro das actividades divulgativas teremos a colaboración da Asociación INGALICIA que preparará ao noso alumnado nas posibilidades que Europa ofrece para os e as xoves e explicará os lugares de información e requisitos para completar, ampliar, coñecer, traballar ou colaborar coas distintas institucións ou grupos que oferten actividades de diversa índole para todos eles e elas.

Se queredes contribuír positivamente coa vosa opinión, podemos realizar grabacións diversas e subilas e compartilas a través desta páxina... DALLE VOZ A TÚA IDEA.

Semana Europea de la Juventud 2024 | Injuve, Instituto de la Juventud.

INFORMACIÓN sobre as ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO

Facémonos eco aquí do espazo que comparte o grupo todosjuntos.eu para ter información de primeira man desde a Oficina do Parlamento Europeo en España en todo o relativo a datos, persoas e países amén de curiosidades, información de actualidade e datos interesantes e curiosos sobre as eleccións europeas.

Unha forma alternativa de acceder a toda información relevante sobre os países que compoñen a nosa UNIÓN EUROPEA... WEB DE RESULTADOS. Un lugar dende o que traballar co alumnado contidos de todo tipo sobre os países que compoñen a UE e sobre as Institucións que nos representan.

 

CHARLAS STEM: MYRIAM GARABITO

Hoxe venres 22 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BAC compartiu coa xefa da Seguridade social de Galicia un tempo de reflexión sobre o seu traballo, os seus estudos e o posto da muller na soceidade actual. Unha charla cercana e amena, na que o alumnado amosou tamén os seus intereses académicos e a súa previsión de estudos futuros. A actividade rematou cun kahoot multitudiinario sobre A conquista da igualdade, no que puxeron a proba os seus coñecementos sobre o papel da muller ao longo das últimas décadas.

 Se queredes botar unha ollada ao tempo compartido nesta actividade podedes mirar AQUÍ... prensaescuela.es

EUROSCOLA: A EUROPE OF EQUAL OPPORTUNITIES?

Xoves 21 de marzo, unha nova sesión on line do programa EUROSCOLA desde a sede do Parlamento Europeo de Estrasburgo. 10 centros españois fumos invitados para participar nesta sesión de Marzo que convidaba a reflexionar sobre THE EUROPEAN PARLIAMENT’S DEFENCE OF WOMEN’S RIGHTS AND GENDER EQUALITY.

Desde as 10 ás 12:30 o programa desenvolveu os contidos emulando as sesións do Parlamento. Despois da benvida da Presidenta Roberta Metsola, escoitamos a Henry WASUNG, Secretariat of the Committee on Women's Rights and Gender Equality, e puidemos enviar preguntas a través da plataforma SLIDO que foron respondidas e discutidas tanto polos presentes como polos convidados virtuais. A segunda das intervencións foi a de João ALBUQUERQUE, do Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, co que chegamos ao remate desta actividade.

Unha sesión longa e de esforzo contínuo xa que os ponentes utilizan o inglés e non había interpretación activa desde o Parlamento. Un detalle de calidade a engadir ao esforzo que o alumnado tivo que facer e mantivo durante estas máis de dúas horas de participación e debate cidadá. Unha experiencia máis que de seguro suporá un engadido na formación do noso alumnado.

 

 

MÁIS ACTIVIDADES EN MARZO

Seguimos neste mes de marzo coas actividades prevista... e algunha máis.

XOVES 14 de MARZO: temos a charla da historiadora e investigadora sobre perspectiva de xénero ANA CABANA; conectaremos online coa sala da Fundación ABanca para escoitala sobre "A conto de que unha historia das mulleres?"

 

LUNS 18 de MARZO: poderemos conectarmos desde as 11:00 horas a esta charla entre os nosos eurodiputados.

XOVES 21: sesión online de EUROSCOLA entre as 10 e as 12:30 co tema “A EUROPE OF EQUAL OPPORTUNITIES? THE EUROPEAN PARLIAMENT’S DEFENCE OF WOMEN’S RIGHTS AND GENDER EQUALITY”. PRÉGASE AO ALUMNADO CUBRA O SEGUINTE FORMULARIO PARA PARTICIPAR. 

VENRES 22: charla Myriam Garabito Cociña, Xefa do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) en Lugo. Ex Presidenta UNICEF Comité Galicia e Ex Patrona UNICEF Comité Español, pertence ao colectivo CIENCIA EN FEMENINO de 12:30 -14:00.

ATA O 15 DE ABRILconcurso de fotografía promovido polas EUROPE DIRECT de A Coruña e Lugo sobre Cidadanía Europea en Galicia para maiores de 18...

 

Charla de Nary Ly: olímpica, supervivinte, científica

O Día Internacional da Muller nace como resultado de diferentes actividades e movementos obreiros a comezos do século XX en América do Norte e Europa. Desde entón, este día adquiriu unha dimensión global e o movemento internacional de mulleres, reforzado polas conferencias das Nacións Unidas sobre a muller, contribuíu a que a súa conmemoración ofreza unha oportunidade para aumentar o apoio aos dereitos e participación das mulleres.

As Nacións Unidas comezaron a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 1975, Ano Internacional da Muller. Dous anos despois, en decembro de 1977, a Asemblea Xeral aprobou unha resolución pola que se proclamaba o Día das Nacións Unidas polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional, que os Estados membros poderán celebrar calquera día do ano de acordo coa súa tradición histórica e nacional.

Un curso máis queremos implicarnos nas actividades desta data cunha primeira visita dunha persoa xa coñecida no centro: NARY LY, que, nesta ocasión, comentará o video sobre a súa vida e experiencias que podemos encontrar en Movistar. Tamén presentará o seu libro para a infancia onde relata a súa vida.

Unha vez máis, o noso AGRADECEMENTO e o noso recoñecemento pola súa lección de vida. Agardámoste máis veces Nary....

 

 

 

Deixamos aquí a noticia de Pablo Villapol publicada en El Progreso este venres 1 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut