A convocatoria das Xornadas Plambe 20-21, ás que asistiu a coordinadora da biblioteca, pecháronse coa intervención maxistral de Irene Vallejo Moreu, doutora en Filoloxía Clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia. Nas bibliotecas florentinas, rodeada de manuscritos, naceu o seu ensaio O infinito nun xunco, recoñecido con mútiples galardóns, entre eles o Premio Nacional de Ensaio 2020. Do disfrute do mesmo xorde o noso desexo de incorporalo á biblioteca e a encarecida recomendación desta lectura.
Como reza na súa contraportada “O infinito nun xunco”é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo [...] Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... “O infinito nun xunco” é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela”
No seguinte enlace podedes asistir á intervención da autora nos encontros:
https://www.youtube.com/watch?v=zq0-_nIvbJU